A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui na reclamación da cantidade íntegra dos gastos do desentullo de Paramos
O Ministerio do Interior deberá aboar 1.276.709,34€ ao concello de Tui en concepto de axudas polas obras do desentullo e desamiantado do barrio da Torre, en Paramos, tras a explosión rexistrada en maio de 2018. Así se recolle na sentencia da sección Quinta da Audiencia Nacional que fallou a favor do Concello de Tui no recurso contencioso administrativo interposto polo consistorio.





