Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebran o Día Mundial da Auga cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.





