Tui recoñece o labor dos tres voluntarios de Protección Civil que estiveron en Valencia
No Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui tivo lugar hoxe a recepción aos tres voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Tui que formaron parte do operativo de emerxencias desprazado a Valencia tras a DINA.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, recibiu a Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi, como xesto de agradecemento e recoñecemento ao seu labor de apoio ao pobo de Valencia.





