O Concello de Tui recoñece e agradece a destacada actuación da Garda Civil e Policía Local no atraco rexistrado esta mañá en Tui
9/12/2025
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, en nome da corporación municipal, quere transmitir o seu agradecemento á Garda Civil e á Policía Local pola súa destacada e exemplar actuación realizada a primeira hora desta mañá ante o atraco rexistrado nunha estación de servizo en Tui.
Grazas á súa rápida intervención, profesionalidade e valentía, foron quen de reducir e deter a unha persoa armada cunha arma de fogo. A actuación dos axentes, tanto da Garda Civil coma da Policía Local, en favor da protección da veciñanza, representa un claro exemplo de compromiso coa seguridade cidadá.
En nome de toda a corporación municipal e da cidadanía, trasládase o recoñecemento público e a gratitude pola labor desenvolvida.





