A renovada Travesía de San Domingos conecta de novo a rúa Antero Rubín coa Corredoira
O Concello de Tui recepcionou esta mañá as obras de renovación da Travesía de San Domingos executadas ao logo dos últimos meses cun investimento que acadou case os 450 mil euros, financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-23 da Deputación de Pontevedra.