Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Subvencións e Axudas

E.g., 30/08/2026
E.g., 30/08/2026

Convocatoria de subvención para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Tui 2026

26/08/2026

Convocatoria de subvención para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Tui 2026.

Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións, destinadas a promover actividades levadas a cabo no exercicio 2026 polas Asociaciónsde Nais e Pais (ANPAs) existentes nos centros educativos do Concello de Tui.

Poderán optar a estas subvencións as ANPAs que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos da convocatoria.

Os gastos obxecto de subvención deberán efectuarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de2026 e o 31 de decembro de 2026.

O importe da consignación ascende a un total de 21.400,00 €.

O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de agosto ás 00 h até o 10 de setembro ás 23.59 h.

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais

26/08/2026

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais no exercicio 2026.

O importe da consignación ascende a un total de 42.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria2026.1.334.48900.03 do orzamento ordinario para 2026.
O importe individual das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superaros 7.000,00 € nin o 80% do proxecto subvencionable.

Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais que realicen actividades de índolecultural existentes no Concello de Tui que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos daconvocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de agosto ás 00 h até o 19 de setembro ás 23.59 h.

Subvencións asociacións musicais e bandas de gaitas 2025

16/10/2025

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento das asociacións musicais e bandas de gaitas do Concello de Tui no exercicio 2025

  • Publicado o extracto das bases no BOPPO o xoves, 16 de outubro de 2025
    • O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOPPO. 
  • Advertido un erro no texto das Bases Reguladoras da Convocatoria de subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento das Asociacións Musicais e Bandas de Gaitas do Concello de Tui no exercicio 2025, inserido na BDNS (862002) e cuxo extracto foi publicado no BOP de Pontevedra nº 198, do 16 de outubro de 2025, procédese a efectuar la oportuna corrección na base 10, epígrafe 10.3 “Criterios de Valoración das solicitudes” punto 1. 
    • O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días naturais desde a publicación do extracto de rectificación da convocatoria no BOP. (A publicación realizouse o mércores 29 de outubro) 

Subvencións Asociacións Culturais 2025

16/10/2025

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do concello de tui no exercicio 2025

Extracto das Bases publicado no BOPPO do xoves, 16 de outubro de 2025

Praza do presentación de solicitudes 15 días naturais contados dende o seguinte á publicación no BOPPO.

Subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS 2025

16/10/2025

Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do Concello de Tui no exercicio 2025

  • O Extracto das Bases publicouse no BOPPO o xoves, 16 de outubro de 2025. 
  • O prazo de presentación de solicitudes é de15 días naturais contados a partir da publicación no BOPPO.

 

Axudas ARI Fase 13 - 2ª convocatoria - Anexo II Redacción memoria

12/05/2025

Axudas ARI Fase 13 - 2ª convocatoria - Anexo V Inicio Obra

9/05/2025

Axudas ARI Fase 13 - 2ª convocatoria - Anexo I Visita Técnica

9/05/2025

Axudas ARI Fase 13 - 2ª convocatoria - Anexo III Solicitude Oficial Axudas

9/05/2025

Axudas ARI Fase 13 - 2ª convocatoria - Anexo IV Declaración Responsable

9/05/2025

Axudas ARI Fase 13 - 2ª convocatoria - Anexo VII Autorización utilización fotografías

9/05/2025

Pages