Ordenanza sobre regulación do tráfico no Conxunto Historico de Tui
Publicada no BOP Nº 126 do 02 Xullo 2014
Esta ordenanza foi modificada pola publicada no BOPPO nº 139 do xoves, 21 de xullo de 2016
O Pleno da Corporación Municipal, aprobou inicialmente, con data 28 de novembro de 2013, a “ Ordenanza sobre regulación do tráfico no Conxunto Historico de Tui”, publicada no BOP, nº 243 de data 19 de decembro de 2013, para a súa exposición pública polo prazo de trinta días para a presentación de alegaciones .Durante o período de exposición ao público presentáronse alegacións, reclamacións e suxerencias, sendo estas resoltas polo concello Pleno, en sesión ordinaria de data 29 de maio de 2014 e de conformidade co artigo 49 da lei de Bases de Réxime local, procedese a publicación definitiva o texto íntegro e anexo I e II a mesma.
O Pleno da Corporación Municipal en sesión ordinaria celebrada o día 30 de xuño de 2016, aprobou definitivamente a modificación da Ordenanza sobre regulación do tráfico no Conxunto Histórico de Tui, resolvendo todas as alegacións presentadas durante o período de exposición ao público. De conformidade co artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, procédese a publicación definitiva do texto modificado.