Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Solicitude curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”

    18/11/2019

    Solicitude de inscrición no curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas” 

    Impartirase o sábado, 30 de novembro, de 10 a 14 h e de 17 a 20 h no pavillón do CEIP nº2 de Tui. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

    As mulleres interesadas en realizar o curso deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui. 

  • Programa de conciliación Igual É +

    24/08/2020

    A Concellería de Igualdade do Concello de Tui en aras a promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, pon en marcha o Programa de Conciliación "IGUAL É +”. 

  • Cuestionario III Plan de Igualdade

    6/11/2020

    O Concello de Tui tomou a decisión de elaborar e aprobar o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes sendo consciente de que a pesar dos importantes avances legais e sociais, a desigualdade estrutural das mulleres precisa ser combatida mediante a implantación de políticas públicas que garantan visibilidade, recoñecemento, servizos e recursos.

    Non se trata só de deseñar accións e medidas que compensen esta desigualdade senón que estas teñan en conta tanto as relacións de poder dentro e fora das institucións como a división sexual que aínda perdura en ámbitos como o emprego, os coidados, as tecnoloxías ou os espazos sociais e culturais.

    O Concello de Tui quixo que este III Plan contara ca implicación da cidadanía e por elo o documento nace cunha clara vocación participativa que precisa da colaboración de todas e todos. Queremos coñecer de primeira man as necesidades, demandas e opinións respecto da igualdade para poder deseñar as medidas, actividades e accións mais axeitadas.

    Pedimos e precisamos a vosa colaboración na recollida de toda a información posible e, dadas as circunstancias, a modalidade online parécenos a fórmula que máis se axusta ao momento excepcional. Esperamos que pronto poidamos celebrar sesións de traballo en grupo presenciais con axentes sociais, económicos e culturais así como con asociacións feministas, veciñais e doutra índole.

    Dámosvos as GRAZAS de antemán por participar e responder a este cuestionario anónimo e lembrámosvos que todas as reunións e actividades que se vaian a desenvolver vinculadas á elaboración e implantación do Plan serán comunicadas en tempo e forma pola Concellería de Igualdade.

    O cuestionario pódese cubrir en liña, ou imprindo este pdf e presentádoo no departamento de Servizos Sociais, previa cita.

     

  • III Plan Municipal de Igualdade

    5/03/2021

    III Plan Municipal de Igualdade. 

    Aprobado en pleno en decembro de 2020. 

    Vixencia 2020-2024.

  • Campamento de Verán Igual É + Tui 2021 - Documentación

    8/06/2021

    Campamento Verano Igual é Máis Tui 2021 Documentación a presentar e solicitude

    Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 16 de xuño. 

  • Listaxe Admitidos Campamento de Verán Igual É +

    18/06/2021

    Unha vez publicado o listado de admitidos/as, cada participante deberá solicitar a carta de pago da taxa do campamento, de 30,56€ por participante e quenda, ata o día 25 de xuño, as 14.00 horas:

    • Presencialmente no departamento de tesourería do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a.
    • Por enderezo electrónico cobros@tui.gal, indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa., ademais do nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a

    Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o día 25 de xuño, de forma presencial, en efectivo, no departamento de tesourería do Concello de Tui, ou ata o día 27 de xuño de forma telemática para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.

    REUNIÓN INFORMATIVA

    O martes 29, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, se manterá unha reunión informativa cos/as pais/nais/titores/titoras das persoas participantes, mantendo as medidas de seguridade establecidas en materia de COVID19.

     

  • Guía de Recursos para Mulleres

    2/12/2021

    “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” é o título da guía editada polo Concello de Tui en torno ao 25N. Foi financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Maruxa Mallo.

  • Convenio Viogen

    1/02/2022

    O BOE do luns, 31 de xaneiro de 2022 publicou a "Resolución de 26 de enero de 2022, de la Secretaría General Técnica, por la que se publica el Convenio con el Ayuntamiento de Tui, para la incorporación de los Cuerpos de Policía Locales al Sistema de Seguimiento Integral de los casos de Violencia de Género"

  • Escape Room Estrelas - Bases de participación

    3/03/2022

    Escape Room Estrelas - Bases de participación

  • Escape Room Estrelas - Anexo Solicitude e autorización menores

    3/03/2022

    Escape Room Estrelas - Anexo Solicitude e autorización menores

  • Roteiro Ilustrado Camiñando con elas

    11/03/2022

    O roteiro turístico ilustrado “Camiñando con elas” que da a coñecer a coñecer a vida e achega de diferentes mulleres de Tui que deixaron a súa pegada na historia local. Este roteiro, que contou con financiamento da Consellería de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte dun proxecto moito mais ambicioso que se presentará proximamente denominado “A Tui das mulleres. A historia non contada”.

  • Inscrición Networking Mulleres Conectadas

    18/03/2022

    Inscrición Networking Mulleres Conectadas

  • Campamento de Verán Igual é + 2022 - Documentación

    3/06/2022
  • 2022 Campamento Verano Igual é Máis Tui 2022 Documentación a presentar + solicitude

    3/06/2022

    2022 Campamento Verano Igual é Máis Tui 2022 Documentación a presentar + solicitude

  • Listaxe de requirimentos de emenda Campamento de Verán Tui Igual É +

    15/06/2022

    Listaxe de requirimentos de emenda

  • Listaxe de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán Igual É +

    20/06/2022

    Listaxe de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán Igual É + 

Páxinas