Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui avanza na tramitación das autorizacións para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo

12/03/2019

O alcalde, o arquitecto redactor do proxecto e o director técnico do Kaiak Tudense  reuníronse en Medio Ambiente

Na mañá de onte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto co arquitecto, Leandro Nogueira e  o director técnico do Kaiak Tudense – Axuda Paramos, Esteban Alonso, mantiveron unha reunión en Pontevedra coa xefa do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Susana Ribadulla, co obxectivo de avanzar na tramitación das autorizacións necesarias para executar as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo.

Trala presentación do anteproxecto, a Xunta de Galicia solicita agora a xustificación de certos aspectos, relativos á afección de Costas, como a vinculación da actividade das instalacións deportivas co proxecto proposto e a súa proximidade co rio Miño.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, tras a reunión de onte indicaba “que se abre unha xanela de esperanza no sentido de que se poida xustificar a reforma do centro de piragüismo no lugar onde está” considerando que o actual emprazamento é o lugar máis axeitado para este tipo de instalacións vinculadas á práctica deportiva no río.