Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá preséntase a 4ª Xornada da Copa Promoción de Bádminton que se celebrará en Tui este domingo

11/03/2019

Mañá martes, 12 de marzo, ás 12.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, presentarase a 4ª xornada da Copa Promoción de Bádminton. Disputarase no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui este domingo 17 de marzo, dende as 09.30 ás 14.30 horas, organizado polo Club Bádminton Tui, englobado dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Tui.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides e a presidenta do Club Bádminton Tui, Marisa Giráldez.