Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Torneo de Minibasket da Eurocidade Tui-Valença

Data: 
6/04/2019
Lugar: 
Pavillón de Valença

O pavillón de Valença acolle o sábado 6, domingo 7 e luns 8 de abril o Torneo Internacional de Mini Basquet da Eurocidade Tui-Valença. Será nas categorías sub 12 masculino, sub 8 mixto e sub 12 feminino.

Reunirá 450 xogadores de baloncesto de 26 equipos e de 11 clubs.  O CB Tui  e o Barco serán os equipos galegos que participen no Torneo, mentres que por parte portuguesa, amais dos organizadores do Basket Club Valença acudirán o Sport Lisboa Benfica, o Alfenense, o Beira Mar, o Olivais, o Maia, o Guifoes, o Coura/Cerveira, o Limiense e o propio Basket Club Valença. Non será só unha competición, senón tamén unhas xornadas de convivencia entre os clubs xa que están previstos xogos lúdicos, actividades na piscina municipal...

Organiza: Basket Club Valença

Colabora: Eurocidade Tui-Valença e  Federación Portuguesa de Baloncesto.