Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui celebra mañá o día grande das Festas de San Telmo

Undefined

Tui celebra mañá o día grande das Festas de San Telmo, nunha xornada na que é festivo local na cidade. Os actos programados comezan na rúa Loureiro coa tradicional Feira Cabalar que reunirá a miles de persoas ao longo da mañá.  Entre as actividades previstas estará o poni club para os máis pequenos, unha proba competitiva de potencia de salto a cabalo, ou unha exhibición de doma de alta escola a cargo da Asociación de Cabalo Galego. Tamén coma novidade este ano premiarase ao conxunto xinete/cabalo mellor presentado.

“R.C.Celta de Vigo… 95 anos de AFOUTEZA” título da charla coloquio que o luns se vai celebrar en Tui

Undefined

O R.C. Celta de Vigo cumpre este ano o seu 95º aniversario. Por  este motivo durante as Festas de San Telmo vaise celebrar unha charla-coloquio en Tui. Será este luns, 29 de abril ás 17.00 h. no Teatro da Área Panorámica co título  “R.C. Celta de Vigo… 95 anos a AFOUTEZA”. Nela farase un repaso por distintos momentos da historia celeste a través de futbolistas que marcaron ou van marcar unha época.

Estarán presentes no acto:

Máis de 450 deportistas daranse cita mañá na Carreira Popular Solidaria de San Telmo

Undefined

Mañá sábado, 27 de abril, o deporte será un dos protagonistas no programa previsto dentro das Festas de San Telmo.

A primeira cita será ás 10 h coa Andaina Festas de San Telmo que sairá do palco de Música do Paseo da Corredoira. Forma parte do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade. Realizará un percorrido de 10 quilómetros dende o centro urbano achegándose até as parroquias de Paramos e Guillarei guiada polo club Andatui. O prazo de inscrición pechou este mediodía.

Deportes, actividades infantís, cinema e teatro nas actividades previstas mañá mércores nas Festas de San Telmo

Undefined

A promoción do deporte será un dos eixos da programación prevista mañá mércores, 24 de abril, dentro das festas de San Telmo. No novo pavillón municipal, na rúa Coengo Valiño, de 11 a 14 h os nenos e nenas dende os 6 anos poderán practicar bádminton, xadrez e tenis de mesa da man dos clubs Bádminton Tui e Xadrez Tui.

Por outra parte a construción dun barco con material de refugallo centrará as actividades infantís  para nenos e nenas de 5 a 16 anos que dende as 11 h se celebrarán no Centro Sociocomunitario na rúa Colón.

Tui celebra as festas de San Telmo cunha programación para todos os públicos do 20 ao 29 de abril

Undefined

Tui celebrará do sábado 20 ao luns 29 de abril – festivo local na cidade – as Festas na honra a San Telmo cunha programación pensada para todos os públicos. A presentación dos festexos tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, a concelleira de Educación, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás.

4ª Xornada da Copa de Promoción de Bádminton

O pavillón do IES San Paio en Tui acolle o domingo, 17 de marzo, a 4ª Xornada da Copa de Promoción de Bádminton. Participarán un centenar de xogadores e xogadores das categorías benxamín e infantil

De 9.30 h a 14.30 h os xogadores e xogadoras, de clubs de toda a provincia, disputarán os partidos de dobres na que será unha xornada máis festiva que competitiva, e que para moitos será a primeira vez que participen nunha iniciativa destas características.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes