Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Torneo Internacional de Mini Basquet da Eurocidade reunirá a máis de 450 participantes

2/04/2019

Participarán equipos de base de clubs de Portugal e Galicia

Dende este sábado 6 e ata o luns día 8 de abril, a Eurocidade Tui-Valença acollerá unha nova edición do Torneo Internacional de Mini Basket, organizado polo Basket Club Valença, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Portuguesa de Baloncesto.

O pavillón municipal de Valença reunirá a máis de 450 participantes, de 26 equipos de ata 11 clubs deportivos, das categorías sub 12 masculino, sub 8 mixto e sub 12 feminino, procedentes de Portugal, como o Sport Lisboa Benfica, o Alfenense, o Beira Mar, o Olivais, o Maia, o Guifoes, o Coura/Cerveira, o Limiense e o propio Basket Club Valença. O Club Baloncesto Tui e o Barco serán os representantes galegos neste torneo internacional.

Pero os participantes non só xogarán partidos de baloncesto, xa que a organización ten preparadas outras actividades, como xogos lúdicos, actividades na piscina municipal, coa intención que os nenos e nenas poidan convivir entre eles na nosa Eurocidade.