Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os grupos tudenses amosarán o alto nivel do folclore local no festival que este domingo ás 18h se celebrará no Teatro Municipal

13/04/2017

O domingo, 16 de abril, segundo día das festas de San Telmo, o programa comezará ás 12.30h co concerto da Banda de Música Popular de Tui no Paseo da Corredoira. As rúas do centro urbano contarán dende ás 17h coa animación musical da charanga Cantos Somos.

A partir das 18h o Teatro Municipal de Tui acollerá o Festival Folclórico Festas de San Telmo con entrada de balde até completar o aforamento. Neste evento quedará plasmado o excelente nivel dos distintos grupos folclóricos tudenses. Participarán San Xoán de Paramos, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, e Lembranzas da Terra de Guillarei que ofrecerán un amplo repertorio de xotas, muiñeiras, valses ...

O programa festivo do domingo rematará coa Orquestra Passarela que actuará ás 19h e ás 23h e co concerto que o grupo Fillos do Estramonio ofrecerá dende ás 21h no Paseo da Corredoira.

Domingo 16

  • 12.30-13.30 h no Paseo da Corredoira concerto da Banda de Música Popular de Tui *En caso de choiva cancelarase.
  • 17.00-20.00 h actuación polas rúas de Tui da Charanga Cantos Somos.
  • 18.00-21.00 h no Teatro Municipal, Festival Folclórico Festas de San Telmo con 10 grupos participantes.  *Entrada libre ata completar aforamento.
  • 19.00-21.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Passarela.
  • 21.00-23.00 h no Paseo da Corredoira concerto de Fillos do Estramonio.
  • 23.00-00.00 h no Paseo da Corredoira verbena coa Orquestra Passarela.