Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade

Data: 
21/07/2017
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

Do 21 ao 25 de xullo celebrarase o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade, o IKFEM, na Eurocidade Tui - Valença. Haberá masterclasses dirixidas tanto a músicos profesionais coma para aqueles que se están iniciando na música. Como profesores estarán Abe Rábade (piano jazz, Santiago de Compostela), Daniel Pereira (piano, Ourense), Marisol Mendive (órgano, Zaragoza) e Andrea González, pianista e directora de IKFEM, e coma novidade  Carlos César Rodríguez (piano, Venezuela), João Vaz (órgano, Lisboa), Miguel Campinho (piano repertorista, Braga) e Ignacio Prego (clavecinista, Madrid).

Pero tamén cada xornada poderase disfrutar de distintos concertos Best Boy, na xornada inaugural,  Ignacio Prego e o seu ensemble Tento Novo,  o órgano de João Vaz, o concerto didáctico e para toda familia de Emilio Villalba & Sara Mariña, así coma Graciela Rodríguez & Daniel Pereira co concerto titulado “Cancións para sempre”.

Máis información www.ikfem.com