Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

David Bellas imparte un curso de Gaita de Fol no Conservatorio de Tui

4/07/2017
Curso de gaita de fol

O Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asocciación Frai Rosendo Salvado organiza o Curso de Gaita de Fol que se vai celebrar do 7 ao 9 de xullo en Tui.

Correrá a cargo de David Bellas, titulado superior no CMUS de Vigo. Esta actividade vai dirixida a alumnos con certa formación musical previa, sendo preciso coñecementos básicos de gaita e de lectura. As clases terán lugar de 10 a 14h e de 16 a 20h cun total de 24 horas lectivas. Estruturaranse nunha parte de traballo técnico e teórico conxunto nas que se abordarán a articulación, rexistro, volumes, microdinámicas, afinación... e clases individuais e de repertorio. Pódese participar tanto como alumnos activo coma coma oínte. Os interesados poden acadar máis información no 986 60 40 44.