Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día da Biblioteca cun contacontos para bebés con Charo Pita

Undefined

Mañá martes, 24 de outubro, celébrase o “Día da Biblioteca” e na Biblioteca Municipal tudense haberá, ás 17.30 h,  unha sesión de contacontos dirixido aos seus usuarios máis cativos, entre 0 e 3 anos de idade. Estará a cargo de Charo Pita  co espectáculo “Porco porquiño, ensíname o camiño”. Tamén ao longo da xornada os usuarios da biblioteca serán agasallados con libros, que poderán escoller, procedentes de duplicados, expurgos e doazón da biblioteca. 

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal con Tania Justo

Undefined

O próximo martes, 17 de outubro, ás 17.30 h continúan as actividades de “Outubro mes da Biblioteca” cunha nova actividade de animación dirixida a rapazas e rapaces de 3 a 6 anos de idade.

Nesta ocasión estará na Biblioteca Pública Municipal de Tui Tania Justo co seu espectáculo “Cantacontos Kairos” que pretende fomentar a iniciación á lectura dos máis pequenos mediante diferentes historias e melodías buscando a implicación e participación dos nenos e nenas asistentes. É un contido adaptado para todos tipo de rapaces e rapazas e as súas familias.

A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día das Escritoras cunha mesa redonda sobre María Tydeska

Undefined

A Biblioteca Municipal de Tui súmase á conmemoración do “Día das escritoras” celebrando unha mesa redonda arredor da figura da escritora tudense “María Tydeska” sobrenome de María Gloria Pereira García. Será o vindeiro luns, 16 de outubro, ás 20 h horas na propia Biblioteca no Edificio “Francisco Sánchez” de Tui.

Nesta mesa redonda participarán dous fillos da escritora tudense, Paz e Guillermo Arean Pereira, xunto co responsable da biblioteca municipal, Rafael Sánchez Bargiela, estando moderada pola concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla.

Presentación do libro “Ribadelouro; terra e auga é vida” de Manuel Vázquez de la Cruz

Undefined

Este sábado, 14 de outubro, terá lugar a presentación do último libro do tudense Manuel Vázquez de la Cruz titulado “Ribadelouro; terra e auga é vida” recentemente editado e que recolle as numerosas vivencias e experiencias acumuladas polo autor centradas arredor da súa parroquia de Ribadelouro. Este acto comezará ás 12.30 h na Sala Félix Rodríguez González no Edificio “Francisco Sánchez”.

Obradoiro de robótica mañá martes dentro do programa “Outubro,mes da biblioteca”

Undefined

Mañá martes, 10 de outubro, continua o programa de actividades “Outubro, mes da Biblioteca” cunha nova cita, neste caso é un Obradoiro titulado “Robótica educativa. Creatividade inspiradora” a cargo de “A Nube de Artear”. Será nunha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro, ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible, os rapaces/as e adolescentes aprenderán os fundamentos da robótica fabricando o seu propio robot.

A Compañía Humana abre a programación de outono no Teatro Municipal de Tui este venres

Undefined

A Compañía Humana será este venres a encargada de abrir a programación de outono no Teatro Municipal. Ás 21.30 h terá lugar a representación de “Iphixenia na porta do súper”. O texto, premiado como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play, chega por vez primeira a Galicia e en galego.

A obra está interpretada por Alba Caneda e dirixida por Sara Rey. Conta cunha duración de 75 minutos e vai dirixida a público a partir de 12 anos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura