Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Programación Día da Biblioteca

Ao longo do mes de outubro celebrarase en Tui un amplo programa baixo o título de “Outubro mes da biblioteca”. Está organizado pola Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de achegar á lectura á sociedade tudense con actividades tanto para público infantil coma adultos, e exposicións.

Programa ‘Outubro mes da Biblioteca’

Martes 3 ás 17.30  h

Mañá mércores derradeira conferencia sobre Francisco Sánchez a cargo de Laureano Alonso

Undefined

Mañá mércores, 27 de setembro, ás 20 h terá lugar a derradeira das conferencias sobre Francisco Sánchez, organizadas polo Concello de Tui dentro do programa ‘Setembro Xudeu en Tui’ para conmemorar o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse.

O MUMI saca músculo e consolídase como o espazo de internacionalización das nosas músicas

Undefined

A 4ª edición do MUMI remata coa certeza de ter colocado novos e importantes chanzos no seu obxectivo de tender unha ponte entre as músicas de Galiza e Portugal abrindo o camiño da internacionalización para ambos territorios. O mercado da lusofonía e a conexión con outros territorios do Estado a través da colaboración iniciada este ano coa prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa debuxan un horizonte ilusionante para artistas e programadores que atopan na feira oportunidades e contactos para vender as súas propostas.

O MUMI pecha hoxe domingo cunha gran festa de música nas rúas

Undefined

Tras dúas xornadas de encontros, faladoiros e showcases, o Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal chega hoxe domingo ao seu fin cun programa de música polas rúas da Fortaleza de Valença, onde os Gaiteiros da Ponte Velha e a banda Gooze House Marching Band teñen a misión de contaxiar ao público cos ritmos das súas propostas musicais, ambas construídas a partir do estudo e a experimentación a partir da tradición.
 

Tui celebra o Día Internacional do Turismo amosando o seu potencial ambiental

Undefined

Un ano máis o concello de Tui celebra o Día Internacional do Turismo, que se conmemora o mércores 27 de setembro,  e farao nesta ocasión pondo en marcha  unha completa programación que durará ata a fin de semana e que  combinará actividades para a cidadanía con actividades para os profesionais do  sector turístico que opera na cidade, poñendo o aceno nos investimentos verdes tal e como marca a temática desta efeméride internacional.

O MUMI presenta as músicas que imos ver nos escenarios nos próximos meses

Undefined

A programación profesional do MUMI dará comezo hoxe venres ás 10:30 na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. A xornada comezará cunha rolda de encontros rápidos ou speedmeetings que se sucederán durante toda a fin de semana e onde bandas e artistas terán a oportunidade de presentar as súas propostas musicais ante distintos grupos de responsables de programación de salas, festivais, concellos e outras entidades públicas e privadas que conforman o ecosistema musical a ambas beiras do Miño.

O MUMI arranca mañá cun espectáculo inédito creado para o encontro

Undefined

Tui e Valença prepáranse para acoller a partir de mañá xoves, a programación da 4ª edición do Encontro de Músicas Profesionais Galiza-Portugal MUMI 2023.  O único mercado de músicas que existe na Galiza neste momento naceu hai catro anos co obxectivo de reunir as mellores propostas musicais de ambos territorios para mostralas antes as principais entidades e empresas programadoras, pero tamén co propósito dalas a coñecer aos públicos galego e portugués que inexplicablemente viven de costas ás músicas que se fan no país veciño.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura