MUMI, Encontro das Músicas de Galicia e Portugal
Do 21 ao 24 de setembro na Eurocidade Tui-Valença celebrarase a 4ª edición do MUMI.
Galiza presentará os directos de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes; mentres Portugal achegará as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta.