Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro de robótica mañá martes dentro do programa “Outubro,mes da biblioteca”

9/10/2023

Mañá martes, 10 de outubro, continua o programa de actividades “Outubro, mes da Biblioteca” cunha nova cita, neste caso é un Obradoiro titulado “Robótica educativa. Creatividade inspiradora” a cargo de “A Nube de Artear”. Será nunha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro, ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible, os rapaces/as e adolescentes aprenderán os fundamentos da robótica fabricando o seu propio robot. Deseñado para incentivar a creatividade e curiosidade, achega oportunidades para deseñar, construír e probar prototipos e representacións de obxectos, animais e vehículos.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Solla Vicente, salienta que con este obradoiro os rapaces e rapazas participantes poderán descubrir os principios da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM).  

O programa de actividades deste “Outubro, mes da Biblioteca” continuará coas seguintes a celebrar nos vindeiros días:

  • Sábado 14 ás 12.30 h
    • Presentación do libro de Manuel Vázquez de la Cruz: “Ribadelouro: terra e auga é vida”
    • Sala Félix Rodríguez González (Edificio “Francisco Sánchez”).
    • Coa participación de María Teresa Vázquez de la Cruz, Marga do Val e o propio autor.
  • Luns 16 ás 20.00 h | Día das escritoras: María Tydeska
    • Edificio “Francisco Sánchez”
    • A celebración desta xornada estará centrada na escritora tudense “María Tydeska” (María Gloria Pereira) cunha interesante obra poética tanto en galego como en español. Unha mesa redonda analizará a vida e obra desta descoñecida escritora tudense.
  • Martes 17 ás 17.30 h
    • “CantaContos Kairos” con Tania Justo
    • Contos Cantados de Tania, que inmiscuirá ós máis pequenos nas diferentes historias e melodías, buscando a participación de nenos e nenas entre 3 a 6 anos.
  • Martes 24 ás 17.30  h | Día da Biblioteca
    • “Porco porquiño, ensíname o camiño” por Charo Pita
    • Contos, brincadeiras, rimas e cancións porcas, porquísimas para pasalo en grande cos máis peques da familia. Indicado para bebés de 0 a 3 anos