Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O alumnado de 6º de Primaria de Tui convivirá dous días na Aloiada 2022

Undefined

Este xoves 16 e este venres 17 de xuño máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria e unha trintena de profesores e profesoras de seis centros educativos de Tui van participar na Aloiada 2022, un proxecto de actividades na natureza que tras dous anos de ausencia debido á pandemia volve celebrarse esta semana.

Mañá martes preséntase a Aloiada 2022

Undefined

Mañá martes, 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2022, proxecto organizado polos colexios de Educación Primaria e Infantil de Tui (CEIPs), en colaboración co Concello de Tui. No mesmo máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria  participarán en diversas actividades no medio natural, tanto no Monte Galiñeiro, coma no Monte Aloia e no río Miño.

O Concello de Tui contratará a tres persoas para apertura das piscinas na temporada de verán

Undefined

O Concello de Tui vai contratar a tres persoas para abrir as piscinas municipais durante a temporada de verán. Por este motivo está convocado o proceso selectivo para cubrir estas tres prazas de forma temporal e crear unha lista de reserva. En concreto contratarase a dúas persoas a tempo parcial e unha persoa a tempo completo para o posto de operario/a de servizos diversos e mantemento.

A Andaina Solidaria Tudense leva 18 anos dando a coñecer o entorno natural e patrimonial de Tui

Undefined

O próximo sábado, 14 de maio, celebrarase a décimo oitava edición da Andaina Solidaria Tudense, un evento que foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e o presidente do club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.

Mañá xoves preséntase a Andaina Solidaria Tudense que se celebrará o sábado 14 de maio

Undefined

Maña xoves, 5 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da XVIII Andaina Solidaria Tudense, proba organizada polo Club Andatui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase o sábado 14 de maio percorrendo o Parque Natural do Monte Aloia.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente do Club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.

 

Deporte e entorno natural combínanse no Trail do Aloia que se celebra esta fin de semana

Undefined

Esta fin de semana celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui o Trail do Aloia, un evento que forma parte do calendario de probas  deportivas da Eurocidade Tui-Valença e do Pontevedra Trail League.  Máis de 500 persoas participarán nesta actividade na que o sábado pola tarde competirán as categorías infantís e xa o domingo as categorías absolutas.

Mañá preséntase o Trail do Aloia 2022

Undefined

Maña martes, 3 de maio, ás 11 h, nas instalacións da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia, terá lugar a presentación do Trail do Aloia 2022. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase esta fin de semana, o sábado 7 e o domingo 8.

Tui celebrará este sábado o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade con 160 participantes do máis alto nivel

Undefined

Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará  Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non faltarán á cita os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes