Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Mañá preséntase no Concello de Tui o 6º Budiño Raid Eurocidade

Undefined

Mañá, ás 11.30 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do 6º Budiño Raid Eurocidade, 4ª proba da liga galega de raids, organizada pola Asociación Deportiva A Forna de Budiño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal. O evento disputarase durante toda a xornada do sábado, dende a Rúa Olímpicos Tudenses de Tui.

Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico con barcos a 120 km/h

Undefined

O Campionato de España de  Radiocontrol Térmico celebrarase os días 4 e 5 de setembro en Tui, organizado polas Reais Federacións Real Española e Galega de Motonáutica, contando coa colaboración do Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Avelaiña.

O Concello de Tui recibirá hoxe oficialmente a Gustavo Rodríguez, tras gañar a medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Toquio coma guía de Héctor Catalá

Undefined

O Concello de Tui brindará hoxe mércores, 1 de setembro, unha recepción oficial ao deportista tudense Gustavo Rodríguez que o pasado sábado logrou a medalla de prata en Tríatlon coma guía de Héctor Catalá nos Xogos Paralímpicos de Toquio.

O acto está previsto para hoxe mércores ás 20 h coa recepción por parte da corporación municipal no salón de sesións da casa do concello. A continuación ás 20.15 h a cidadanía en xeral poderá transmitirlle os seus parabéns na praza do Concello.

A Volta Ciclista a España pasa este sábado por Tui

Undefined

A Volta Ciclista a España pasará este sábado, 4 de setembro polas rúas do centro urbano de Tui. Será a 20ª etapa que sairá dende Sanxenxo e terá a liña de meta no Castro de Herville en Mos, tras un percorrido de 202,2 quilómetros.

A partir das 13.10 h prevese o pase da caravana publicitaria que acompaña cada etapa, e agárdase que o pelotón poida estar nas rúas tudenses ás 14.20 h.

Gustavo Rodríguez e Héctor Catalá competirán na categoría de triatlón PTVI nos Xogos Paralímpicos de Toquio

Undefined

O triatleta tudense Gustavo Rodríguez, como guía de Héctor Catalá, competirá na madrugada do venres ao sábado nos Xogos Paralímpicos de Toquio. Será en tríatlon para persoas invidentes, unha modalidade na que  son actualmente  os campións do mundo, e chegan a Tokio 2020 con grandes posibilidades de conseguir unha medalla.  

O triatlón PTVI conta de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a de carreira a pé.  

A proba terá lugar na madrugada de venres a sábado a partir das 01:30 horas  e poderá seguirse a través de streaming.   

Tui acolle os adestramentos do equipo de balonmán portugués Águas Santas

Undefined

Tui acolle esta fin de semana a concentración dun equipo de máximo nivel, nesta ocasión será o equipo luso do Águas Santas de Maia que adestrará no Pavillón Deportivo Municipal Novo de Tui, a porta pechada, de 10.00 a 12.00 horas do sábado.

Mañá sábado pola tarde o equipo portugués enfrontarase ao Cisne de Pontevedra, e o domingo pola mañá ao Acanor Novás, ambos a porta pechada, por protocolo da Federación Internacional de Balonmán.

Mil deportistas participarán este sábado no Descenso Internacional e no Descenso Popular

Undefined

O Descenso Internacional do Miño celebrará este sábado, 21 de agosto, a súa 50 edición. Volverá recuperar a espectacular saída dende terra en Salvaterra, ás 18.30 h, e a chegada fronte as gradas da rúa Olímpicos Tudenses en Tui, con público, tras un recorrido de algo máis de 14 quilómetros en augas do río Miño. Outra das novidades desta edición será a incorporación dunha nova modalidade, o Paddle Stand Up, que saíra quince minutos. Están inscritos 600 padeeiros de 48 clubs.

Concentración en Tui da Selección Española Feminina de Kaiak Polo

Undefined

Esta  fin de semana Tui será sede da concentración da selección nacional feminina de Kaiak Polo. O equipo nacional preparará na cidade o Campionato de Europa que se disputará en Catania (Sicilia-Italia), do 3 ao 10 de outubro.

A Selección Española Feminina de Kaiak Polo que se vai concentrar en Tui estará conformada por 11 deportistas, entre as que estarán tres padeeiras do Club Piragüismo Penedo Te Importa, Eva Ara, Ainhoa Castro e Laura Fernández e un adestrador.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes