Tui festexou os éxitos dos e das súas deportistas na X Gala do Deporte
O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións. É por isto que o nivel de todos eles merece unha homenaxe no que foi o seu día.