O Concello de Tui contratará a tres persoas para apertura das piscinas na temporada de verán
9/06/2022
Até o luns pódense presentar as instancias para participar no proceso selectivo
O Concello de Tui vai contratar a tres persoas para abrir as piscinas municipais durante a temporada de verán. Por este motivo está convocado o proceso selectivo para cubrir estas tres prazas de forma temporal e crear unha lista de reserva. En concreto contratarase a dúas persoas a tempo parcial e unha persoa a tempo completo para o posto de operario/a de servizos diversos e mantemento.
As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude até o próximo luns, 13 de xuño presencialmente no rexistro de entrada da casa do concello ou na sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/.
As bases completas da convocatoria poden consultarse aquí.