Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Unha véntena de pilotos participan esta fin de semana no Campionato de España de Radiocontrol Térmico en Tui

Undefined

Esta fin de semana celébrase en augas do río Miño en Tui, a carón da rúa Olímpicos tudenses, o Campionato de España de Radiocontrol Térmico organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

Mañá preséntase o Campionato de España de Radiocontrol Térmico que na fin de semana se celebrará en Tui

Undefined

Mañá mércores,  31 de agosto, ás 11.30 horas, nas instalacións de piragüismo e remo de Tui, realizarase a presentación do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, que se celebrará en Tui, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a  Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

Tui despide á Selección do Uruguai de remo, concentrada para a preparación de distintas competicións

Undefined

A cidade de Tui despediu hoxe á expedición da Selección de remo do Uruguai que levaba concentrada dende o pasado xuño para preparar competicións tan importantes como o recente Campionato do Mundo sub-23 onde acadaron importantes resultados.

Os 16 deportistas, o seleccionador Osvaldo Borchi e o médico da selección concentráronse no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui. Os mozos e mozas remeiros repartiron a súa estadía entre este centro, os adestramentos no río Miño e facendo turismo por toda a comarca do Baixo Miño.

O Concello de Tui despide mañá á Selección Uruguaia de Remo ao rematar a súa concentración na cidade

Undefined

Mañá venres, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a despedida aos deportistas e adestradores integrantes da Selección Uruguaia de Remo que estiveron concentrados dende o pasado mes de xuño nas instalacións do Centro Especializado de Remo e Piragüismo de Tui e adestrando no río Miño.

O luns abre ao público a piscina municipal

Undefined

A piscina municipal de Tui abrirá ao público dende o próximo luns, 27 de xuño, e até a primeira semana do mes de setembro.

A cidadanía poderá gozar destas instalacións a partir do próximo luns de luns a venres de 13.30  a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.

Mantéñense os mesmos prezos que en 2019. A entrada individual de adultos custará 2€, mentres que para cativos e cativas de 4 a 14 anos, e persoas xubiladas será de 1,5 €.  Establécense amais bonos de 30 baños por importe de 40€ para adultos e de 35€ para público infantil e xubilado.

Máis de 200 nenos e nenas participan no Campamento de Verán Igual É + 2022

Undefined

Un total de 228 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 202 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade.  O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións.

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo,  26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.

Presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá mércores, 22 de xuño, ás 11.30 h no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, evento organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 26 de xuño, a partir das 10.30 horas, no pavillón municipal Gustavo Rodríguez.

O Concurso de Patrullas da Brilat sairá este mércores dende o centro de Tui

Undefined

O Paseo da Corredoira de Tui  será este mércores o punto de partida da XXI edición do Concurso de Patrullas que organiza a Brilat, que percorrerá a distancia entre Tui e Santiago de Compostela. Nesta proba os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes