700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia
700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil que se incorpora coma novidade esta edición.
A proba foi presentada esta mañá na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI.