O Tyde participa por décimo ano no Torneo Internacional de Versmold
O salón de sesións da casa do concello de Tui acolleu este mediodía a recepción ao equipo Alevín do Tyde F.C. que esta fin de semana vai participar no Torneo Internacional de Fútbol en Versmold, Alemaña. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, recibiron aos xogadores e xogadora que está mesma tarde viaxan cara Alemaña. No acto participaron tamén a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, o presidente do Tyde F.C, David Domínguez, e membros da xunta directiva do club.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.