Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 30/12/2025
E.g., 30/12/2025

Proceso selectivo 2 auxiliares administrativos funcionario carreira oferta 2022

30/05/2025

O Concello de Tui, ten aberto o proceso selectivo para dúas prazas de auxiliar administrativo (funcionario de carreira), unha delas reservada a persoas que acrediten discapacidade, publicándose as bases xerais e específicas, contra as cales presentouse recurso de reposición e, posteriormente publicouse a resolución resolvendo dito recurso.

Mediante publicación do anuncio no BOE de data 30/05/2025, iníciase o prazo de presentación de instancias de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do mesmo, e que, por tanto, comprenderá o período dende o 02/06/2025 e ata o 27/06/2025.

Proceso de selección 1 auxiliar administrativo Plan Concellos 2023

3/03/2023

Finalizado o prazo de alegacións sen que se presentase algunha, as puntuacións provisionais consideránse definitivas, o día 22/03/2023 o tribunal realizou o sorteo para solventar o desempate entre as dúas candidatas con mais puntuación, e propuxo a candidata a contratar.

Mediante resolución da Concellería delegada de persoal de data 24/03/2023 se aceptou a proposta do tribunal e se requiriu a documentación necesaria para contratar, a aspirante dispón de 3 días hábiles para presentar a mesma (prazo que finaliza o martes día 28/03/2023)

LISTA DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS AUXILIAR ARQUIVO E BIBLIOTECA

10/02/2023

Con data de 04/09/2023 se publicou anuncio da resolución de ofrecemento de nomeamento interino dun auxiliar de arquivo e biblioteca a tempo parcial, asemade se remitiu correo electrónico a cada un dos aspirantes que integran a lista de reserva. Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles (ata o mércores día 06/09/2023) para aceptar ou rexeitar o ofrecemento.

Proceso selección para formación lista de reserva auxiliares administrativos

17/10/2022

Mediante Resolución da Alcaldía de data 18/09/2024, se propuxo a aspirante María Belen Navarro Ortigosa para o nomeamento interino coma auxiliar administrativo vinculado a substitución de Dona Patricia Gradín Fernández, a aspirante dispón de 24 horas hábiles para presentar a documentación necesaria para o seu nomeamento.

 

Proceso de selección persoal director-titor-docente e auxiliar administrativo para o Obradoiro de Emprego Senda peonil río Furnia

6/09/2022

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal se aceptou a proposta do tribunal e se require os candidatos a documentación necesaria para a súa contratación. Os aspirantes dispoñen de dous días hábiles para presentar a mesma.

 

Páginas