Centro Municipal de Formación
Alvelos 1, Guillarei. 36.720 Tui.
986 60 39 49 | 670 24 56 33 | Fax 986 60 18 59
O Centro Municipal de Formación está situado en Guillarei nunha nave municipal na que en dous andares se distribúen as oficinas, aulas e talleres.
Instalacións
O Centro dispón de 6 aulas homologadas, unha delas destinada a clases de informática; unha aula multifuncional, biblioteca, 5 espazos destinados a talleres de carpintería, electricidade, fontanería, construción; e dúas zonas de almacenaxe. Conta con aseos adaptados e elevador. O centro está equipado con instalacións fotovoltaicas que serven enerxía eléctrica a unha parte das instalacións.
Obxectivo
O seu obxectivo é levar a cabo o labor social relacionada coa formación do Concello de Tui. A súa actividade vai dirixida tanto á poboación en xeral coma para os traballadores públicos.
Unha das súas liñas de acción é a busca de recursos para ofertar formación en diferentes especialidades e a diferentes grupos de poboación, tanto persoas non ocupadas coma traballadores en activo, traballadores das administracións públicas, poboación en risco de exclusión social, discapacitados, etc.. A esta súmase o servizo de información, orientación e busca de emprego financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Homologación
O Centro de Formación está homologado pola Xunta de Galicia para a prestación de formación nas seguintes especialidades:
- Enerxías renovables
- o montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
- Electricidade
- O operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas
- Madeira
- Montaxe de mobles e elementos de carpintería
- Instalación de mobles
- Instalación de elementos de carpintería
- Instalacións
- Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica
- Comunicación
- Axudante de documentación de medios de comunicación
- Turismo
- Venda de servizos e produtos turísticos
- Azafata auxiliar de congresos
- Reformas
- Colocador de prefabricados lixeiros
- Colocador de paneis de cartón xeso e similares