Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 16/03/2025
E.g., 16/03/2025

Proceso selectivo para nomeamento interino de operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva

27/06/2023

No día de hoxe leváronse a cabo as probas selectivas do do  proceso de selección para o nomeamento interino dun operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva, o tribunal publica as puntuacións provisionais de ditas probas, o aspirante dispón de 1 día hábil para presentar alegacións, transcorrido este prazo as puntuacións consideraránse provisionais (o prazo remata o mércores día 12/07/2023).

 

 

Proceso selectivo contratación peóns horticultura Plan prestación servicios municipais 2023

26/05/2023

Realizadas as probas selectivas para a contratación de 10 persoas coma peóns de horticultura e xardinería para o Plan de prestación de servizos municipais 2023, o pasado martes día 30/05/2023 o tribunal publicou as puntuacións do proceso de selección.

Mediante Resolución da Concellaría de persoal en funcións de data 02/06/2023 se require os aspirantes para que presenten a documentación necesaria para a súa contratación., polo prazo de 2 días hábiles

Proceso selectivo enxeñeiro técnico forestal APROL RURAL 2023

16/05/2023

Realizado o primeiro exame o martes día 23/05/2023 se publican as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións, prazo que finaliza o luns día 29/05/2023.

 

Lista de reserva para nomeamentos interinos prazas operarios de obras

12/04/2023

Con data de 12/04/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos para prazas de operarios de obras, dita lista estará vixente ata que se realice outro proceso selectivo para prazas de operarios de obras e en todo caso por 3 anos.

Lista de reserva nomeamentos interinos traballador/a social

15/03/2023

Mediante Resolución da concellaría delegada en funcións de persoal de data 06/06/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de traballador/a social.

Mediante Resolución da Alcaldía de data 08/05/2024 se iniciou o chamamento as 5 aspirantes dispoñibles, co ofrecemento dun nomeamento interino, traballador social, vinculado ao "Programa de excución temporal para a corrección do impacto social da pandemia do COVID-19 nos cidadáns do concello".

Mediante Resolución da Alcaldía de data 15/05/2024 se aceptaron as renuncias presentadas e se requiriu a Dona Victoria Sors a documentación necesaria para o seu nomeamento.

 

Proceso de selección 1 auxiliar administrativo Plan Concellos 2023

3/03/2023

Finalizado o prazo de alegacións sen que se presentase algunha, as puntuacións provisionais consideránse definitivas, o día 22/03/2023 o tribunal realizou o sorteo para solventar o desempate entre as dúas candidatas con mais puntuación, e propuxo a candidata a contratar.

Mediante resolución da Concellería delegada de persoal de data 24/03/2023 se aceptou a proposta do tribunal e se requiriu a documentación necesaria para contratar, a aspirante dispón de 3 días hábiles para presentar a mesma (prazo que finaliza o martes día 28/03/2023)

Proceso selección oficial segunda carpinteiro e oficial segunda fontaneiro Plan Concellos 2023

3/03/2023

Mediante Resolución da data 17/03/2023 se contratou a un oficial segunda carpinteiro e un oficial segunda fontaneiro dentro do Progama de activación do emprego na Deputación (Plan Concellos 2023), todo elo de acordo coas bases reguladoras do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación de Pontevedra 2023 (BOPPO 208 de 31/10/2022) 

 

Proceso selectivo 14 peóns horticultura Plan Concellos 2023

3/03/2023

Con data 20/03/2023 reuniuse o tribunal de selección para a contratación de 14 peóns de horticultura e xardineria dentro do Plan Concellos 2023, para a resolución de alegacións, puntuacións definitivas e proposición definitiva de candidatos.

LISTA DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS AUXILIAR ARQUIVO E BIBLIOTECA

10/02/2023

Con data de 04/09/2023 se publicou anuncio da resolución de ofrecemento de nomeamento interino dun auxiliar de arquivo e biblioteca a tempo parcial, asemade se remitiu correo electrónico a cada un dos aspirantes que integran a lista de reserva. Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles (ata o mércores día 06/09/2023) para aceptar ou rexeitar o ofrecemento.

Proceso selectivo docente modulos FCOO03 sensibilización e FCOXXX24 igualdade

2/02/2023

Mediante Resolución da Concellaría delegada de persoal de data 17/02/2023, se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección dun docente para a impartición dos contidos formativos “FCOO03 Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero ” e “FCOXXX24 Formación para a igualdade” como módulos transversais para cada un dos certificados de profesionalidade “MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería” e “HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, asemade se concede un prazo de 1 día hábil para a presentación de alegacións. Prazo que remata o 20/02/2023.

Proceso selección docente modulos MF0266_3, MF0267_2, MF0268_3 e practicas certificado HOTG0208

2/02/2023

O Concello de Tui, abre proceso selectivo para nomeamento interino dun docente para a impartición dos módulos MF0266_3, MF0267_2, MF0268_3 e o módulo de prácticas profesionais non laborais do
certificado de profesionalidade “HOTG0208 Venda de produtos e servizos turísticos”, O prazo para a presentación de instancias será dende o venres día 03/02/2023 ata o xoves día 09/02/2023.

Proceso selectivo docente módulos propios e prácticas MAMS0108 carpintería

2/02/2023

Mediante Resolución da Concellaría delegada de persoal de data 14/02/2023, se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección, asemade se concede un prazo de 1 día hábil para a presentación de alegacións. Prazo que remata o 15/02/2023.

Pages