Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves pleno de carácter ordinario ás 20 h. A orde do día é a seguinte: 

A) PARTE RESOLUTIVA

1.Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 25 de setembro do 2025.

2.Toma de coñecemento da renuncia presentada por Dna. Pilar Gregores Álvarez a súa acta de concelleira e toma de razón de renuncia de Dna. Andrea Costa Amorín.

Presentación do Cupón da ONCE dedicado ao VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui

Undefined

Mañá xoves, 27 de novembro, ás 12 h, no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela terá lugar a presentación do Cupón da ONCE dedicado ao VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui.

No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde, e o deán da Catedral José Diéguez Dieppa.

A Urban Trail Night Eurocidade reunirá a máis de 700 atletas este sábado nunha proba única entre dous países

Undefined

Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para recibir este sábado ás máis de 700 persoas que van participar nunha proba única que sorprende cada ano como é a Urban Trail Night Eurocidade que celebrará a súa novena edición. 

Este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Óscar Silva, o xefe territorial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e os organizadores, Serafín Martínez e Justi Peixoto, deron a coñecer todos os detalles deste evento deportivo.

Mañá preséntase a IX Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Maña mércores 26, ás 12.00 horas, no Espazo Sociocultura da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da IX Urban Trail Night Eurocidade, proba deportiva incluída dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025. Está organizada polas empresas NOKO 360 e Sra Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A IX Urban Trail Night Eurocidade celebrarase este sábado 29, con saída ás 19.30 horas españolas, dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

O Consorcio de Augas do Louro impulsa a dixitalización integral do ciclo da auga cun proxecto de máis de 3,5 millóns de euros

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro, integrado polos Concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas, celebrou hoxe un comité extraordinario no que se aprobou o proxecto de mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo urbano da auga.

O programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral converten a Tui en capital cultural ao longo dun ano

Undefined

Esta mañá presentouse a programación oficial coa que se inicia a conmemoración do VIII Centenario da Consagración da Catedral de Santa María que contará  cun amplo programa de actividades relixiosas, culturais e divulgativas  que comezarán este domingo, 30 de novembro, froito da colaboración conxunta entre o Concello de Tui e o Cabido da Catedral.

As principais autoridades de España e Portugal conforman o Comité de honra do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui

Undefined

O vindeiro domingo, 30 de novembro ,terá lugar a conmemoración do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui que tivo lugar no ano 1225 polo bispo Esteban Egea. O Concello de Tui e a Diocese de Tui-Vigo celebrará este acontecemento excepcional cun amplo programa de actividades ao longo do ano 2026.

Presentación do programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui

Undefined

O próximo luns, 24 de novembro, ás 11 h, na capela das Reliquias na Catedral de Tui presentarase o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.

Participarán no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o bispo da diocese de Tui-Vigo, Antonio Valín, o deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, as concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, e de Patrimonio, Ana Núñez, e a subdelegada de Patrimonio, Elvira Larriba.

O Concello de Tui reivindica a figura de Francisco Sánchez traducindo ao galego a súa obra

Undefined

O Concello de Tui segue promovendo o coñecemento da traxectoria do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, de quen se cumpre este domingo, 16 de novembro, o 402 aniversario do seu falecemento na cidade francesa de Tolosa. Faino coa tradución ao galego das súas principais.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía