Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Aprobado por unanimidade o I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui

Undefined

O I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do mes de maio. Trátase dun documento estratéxico que marca as liñas de actuación para garantir o benestar, a protección e a participación activa das nenas, nenos e adolescentes tudenses.

Este plan, elaborado en colaboración con diferentes áreas municipais, entidades sociais, familias e o propio colectivo infantil e xuvenil, recolle medidas concretas para promover os dereitos da infancia e fomentar unha cidade máis amable e inclusiva para as persoas máis novas.

Tui promociónase na 47ª Feria Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

Undefined

O Concello de Tui promociónase até este domingo na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que foi inaugurada esta tarde. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, desprazáronse ata Silleda nesta primeira xornada dun certame feiral que é referencia tanto a nivel galego coma nacional. O Concello continúa así a súa aposta polo promoción turística do municipio, nunha campaña que comezou este ano en FITUR en Madrid e continuou coa presenza na BTL de Lisboa.

O Arquivo Municipal de Tui promove unha visita as súas instalacións con motivo da Semana Internacional dos Arquivos

Undefined

O Arquivo Municipal de Tui súmase á Semana Internacional de Arquivos 2025 (IAW2025), promovida polo Consello Internacional de Arquivos (ICA) que se celebra do 9 ao 13 de xuño, coa realización dunha visita ás súas instalacións.  Esta actividade celebrarase o vindeiro xoves, 12 de xuño, ás 12 h. Para participar é preciso realizar inscrición previa no correo electrónico: arquivo@tui.gal.

Protección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito de protección civil na categoría de prata

Undefined

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui vai recibir a medalla ao mérito  de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia na súa categoría de prata.

Os voluntarios tudenses veñen de ser recoñecidos con esta distinción autonómica por ter formado parte do do Continxente Galego desprazado a Valencia, tras a DINA. Tres voluntarios de Tui participarán en Valencia nos labores de reconstrución levando diverso material.

Presentación do II Amura Galician Rising Stars Cup

Undefined

Mañá xoves, 29 de maio, ás 12.00 horas, no Campo Municipal de Fútbol Álvarez Durán de Tui, terá lugar a presentación do II Amura Galician Rising Stars Cup, torneo de fútbol 11 organizado polo club Galicia Rising Stars, en colaboración co Concello de Tui, o Tyde F.C., a Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia. Este torneo celebrarase este sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño.

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves

Undefined

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 29 de maio, ás 20 h pleno de carácter ordinario con 18 puntos na orde do día. 

A) PARTE RESOLUTIVA

1. Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 27 de marzo de 2025.

2. Dación de conta do pase do Grupo Mixto a ser concelleiro non adscrito, do sr. José Manuel Palacín Rodríguez.

Recepción oficial do Concello de Tui ao Tyde FC polo seu ascenso a Preferente

Undefined

Este venres, 23 de maio, ás 20 h, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao equipo sénior masculino do Tyde F.C. que acadou a semana pasada o ascenso á categoría Preferente Galicia.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, outros membros da corporación municipal, así como o presidente do Tyde F.C., David Domínguez e os xogadores e equipo técnico do equipo sénior masculino.

O alcalde de Tui participou na Romaría de San Telmo na localidade onubense de Minas de San Telmo

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, participou esta pasada fin de semana na Romaría de San Telmo que organizan anualmente, no terceiro domingo de maio, a Hermandad de San Telmo na localidade onubense de Minas de San Telmo.  O rexedor respondeu así ao convite realizado pola Xunta Directiva desta Irmandade.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía