Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O próximo martes 18 preséntase a Ultreia 2025

Undefined

O próximo martes, 18 de marzo, ás 11.00 horas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Ultreia 2025, evento deportivo organizado pola Agrupación HQR, en colaboración co Concello de Tui, o Concello de Pontevedra, o Diario de Pontevedra e a Xunta de Galicia.  Este ano máis de 500 participantes sairán dende a Catedral de Tui e percorrerán o Camiño Portugués ata Pontevedra.

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebran o Día Mundial da Auga cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga. 

Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente. 

O equipo de goberno reunirase coa veciñanza das parroquias para coñecer as súas necesidades

Undefined

Ao longo das próximas semanas o equipo de goberno de Tui vai manter xuntanzas coa veciñanza de todas as parroquias para coñecer de primeira man as necesidades de cada unha delas e escoitar as preguntas e rogos que poidan formular tanto ao alcalde coma aos membros do equipo de goberno.

A primeira reunión terá lugar mañá xoves, 13 de marzo, ás 20.30  h no local do Sindicato en Malvas. Este venres, 14 de marzo, ás 20.30 h será na casa cultural de Areas.

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso en seguir traballando por unha igualdade real e efectiva

Undefined

O Teatro Municipal de Tui encheuse onte á noite para reivindicar a igualdade  no acto institucional do 8M. Un acto que como sinalou o alcalde, Enrique Cabaleiro, se realiza dende “a plena convicción de que os poderes públicos, e os repersentantes públicos,  temos a responsabilidade de liderar, dende o discurso e dende o exemplo, as reivindicacións do movemento feminista”.  Nunha situación cunha realidade con “certos nubarróns no horizonte” desexaba o rexedor tudense que “ogallá as nosas fillas acaden unha plenitude de dereitos e liberdades”.

O Concello de Tui e a RAG lembran a Manuel Lago González e o seu compromiso coa lingua e cultura galegas

Undefined

Homenaxe esta tarde a Manuel Lago González, no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, coorganizado pola Real Academia Galega e o Concello de Tui. Este evento abre o programa conmemorativo do centenario do pasamento de Lago González.

Recoñecemento ao papel das mulleres, música e poesía para conmemorar o 8M en Tui

Undefined

O Teatro Municipal de Tui vai acoller mañá sábado, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o acto institucional organizado polo Concello de Tui para conmemorar este día. Un evento de recoñecemento que porá en valor o papel das mulleres na sociedade, recoñecendo a súa loita, talento e contribución en diferentes ámbitos.

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

Undefined

O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento na cidade de Santiago de Compostela, na que exercía como arcebispo, do egrexio tudense Manuel Lago González (Tui, 1865 – Santiago de Compostela, 1925). Na traxectoria deste insigne eclesiástico, que tamén foi un destacado poeta, salientou sempre o seu compromiso por Galicia e a súa cultura e nomeadamente á lingua galega na que compuxo moitos dos seus versos.

Comezan as obras de urbanización do Paseo da Corredera e Augusto González Besada

Undefined

Esta semana deron comezo as obras de urbanización do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada, unha intervención destinada á recuperación deste espazo como punto de encontro e convivencia, garantindo a mellora da mobilidade peonil, a integración urbana e a renovación das infraestruturas nun contorno histórico. Trátase da Fase 1 dun proxecto que conta cun investimento de 1.165.581,54 euros, financiado con cargo do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estimado é de oito meses.

Tui e Salvaterra de Miño presentan a súa candidatura conxunta a fondos FEDER por importe de 10 millóns de euros

Undefined

Tui e Salvaterra de Miño aspiran a un investimento de 10 millóns de euros de fondos europeos para a transformación do territorio e a mellora da calidade de vida da súa cidadanía, nun proxecto que marcará un antes e un despois na cooperación tranfronteireiza. Os dous municipios veñen de presentar “Cultura compartida”, un Plan de Acción Integrado, PAI, á convocatoria de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa de Crecemento Sustentable 2021-2027.

Mañá ás 11 h preséntase a XII Eurocidade BTT

Undefined

Mañá martes 25 de febreiro, ás 11.00 h ES, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da XII Eurocidade BTT, proba de ciclismo de montaña organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Ciclismo, que se celebrará o domingo 9 de marzo.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os responsables de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, e o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía