Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

Undefined

O Concello de Tui  foi beneficiario dunha subvención por parte do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Next Generation EU. Grazas a esta axuda, foi posible a creación dun Centro de Capacitación Dixital no municipio, fomentando a inclusión dixital e facilitando novas oportunidades de formación tecnolóxica para a veciñanza, garantindo que ningún tudense quede atrás no proceso de transformación dixital.

O alcalde abordou co director de Turismo de Galicia a importancia turística da celebración do oitavo centenario da consagración da Catedral

Undefined

O alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse hoxe en Santiago co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, con quen abordou a importancia turística que terá a celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui entre novembro deste ano e decembro de 2026. Xosé Merelles amosou o interese do seu departamento por apoiar esta efeméride que pretende ademais a declaración por parte do Goberno central de Acontecemento de Excepcional Interese Público. Estivo tamén presente o técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela. 

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a cargo de catro formacións das dúas beiras do Miño este sábado, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui.

Hoxe, 10 de febreiro, cúmprense 13 anos da sinatura do protocolo entre ambas cidades co que se materializou a creación da Eurocidade plasmando a nivel institucional as relacións que dende hai séculos manteñen as poboacións tudense e valenciana.

A Comisión organizadora do VIII Centenario da Consagración da Catedral amosa o seu apoio á solicitude de declaración de AEIP

Undefined

A Comisión Organizadora do VIII centenario da consagración da Catedral de Tui reuniuse esta mañá na casa do concello de Tui para seguir avanzando no programa conmemorativo deste destacado aniversario.

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único en Europa

Undefined

Trece eventos deportivos conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2025. Un programa único na Europa Occidental, coma explicaba esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e que reforza as relacións entre as poboacións tudense e valenciana coma sinalou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira. 

Mañá mércores preséntase o Calendario Deportivo da Eurocidade

Undefined

Mañá mércores 5 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025, que contará con 13 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 6 de febreiro, pleno ordinario

Undefined

Este xoves, 6 de febreiro, ás 20 h, a corporación municipal de Tui, celebrará  pleno ordinario coa seguinte orde do día. 

PARTE RESOLUTIVA

1. Aprobación de actas de sesións anteriores: ordinaria do 28.11.2024 e extraordinaria urxente do 23.12.2024. 

2. Toma de coñecemento do falecemento do sr. concelleiro Martínez Tato e solicitude de credencial da nova persoa concelleira. 

Aprobada a modificación urbanística que permitirá a rehabilitación da antiga Alfándega en Tui

Undefined

A recuperación da contorna da antiga alfándega na Avenida de Portugal, a carón da vella Ponte Internacional, vén de dar un paso importante ao culminar o proceso de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal neste punto, iniciado polo Concello de Tui a instancias da Cámara de Comercio.

Preto de 250 deportistas participan este sábado en Tui no Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico

Undefined

De novo o río Miño en Tui será esta fin de semana lugar de encontro para o remo galego, quince días despois da celebración con éxito da 44 ªRegata Miño Internacional. Nesta ocasión serán preto de 250 remeiros e remeiras os que participen nas modalidades de Dobre Scull, Skiff e Dous Sen no Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico.  A saída, cronometrada, será a partir das 11 h dende Currás e a liña de meta estará fronte as gradas da rúa Olímpicos Tudenses en Tui.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía