Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Tui busca nomes de mulleres para as rúas e espazos públicos

Undefined

 Actualizar o nome das rúas e dos espazos municipais de Tui incorporando nomes de mulleres destacadas na historia, economía, movementos sociais, ciencia, cultura, é o obxectivo do traballo que está a desenvolver o concello de Tui, dando así cumprimento á medida 7.3 do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Tui 2020-2024 .

Prosegue a programación do Día Internacional da Muller coa proxección de “Nación” de Margarita Ledo e a presentación do libro "Pornografía. El placer del poder" de Rosa Cobo

Undefined

.  Con catro novas actividades prosegue a programación “Dereito a estar, dereito a achegar” organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller.

O martes 29 celebrarase a I Xornada de Negocio “Mulleres Conectadas”

Undefined

“Mulleres Conectadas” é o título do primeira xornada de negocios que se vai celebrar o martes, 29 de marzo, na Aula da UNED de Tui. Está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de igualdade, dentro programación do Día Internacional da Muller. Trátase dun networking dirixido a mulleres empresarias, emprendedoras e directiva.

A proxección de María Solinha e unha nova charla de Xuntas Aprendemos na programación desta semana de “Dereito a estar, dereito a achegar”

Undefined

Catro novas actividades teñen lugar esta semana dentro do programa “Dereito a estar, dereito a achegar” organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller.

A lectura do manifesto e a presentación do roteiro “Camiñando con elas” centra mañá a conmemoración do 8M en Tui

Undefined

O Concello de Tui conmemora mañá o Día Internacional da Muller, 8M, coa lectura do manifesto institucional e a presentación do roteiro “Camiñando con elas”.  O lema deste ano é “Dereito a estar, dereito a achegar”.

“Dereito a estar, dereito a aportar” lema do concello de Tui para conmemorar o 8M

Undefined

O Concello de Tui ten en marcha un amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M.  Unha programación especial que se suma á realizada ao longo do ano con actividades de xeito transversal con perspectiva de xénero coma se reflicte no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

A escape room “Estrelas” celebrarase o domingo 13 de marzo dentro dos actos do 8M

Undefined

“Estrelas” é o nome da experiencia de escapismo feminista que se celebrará en Tui o vindeiro domingo 13 de marzo, ás 11 h dende a Praza de San Fernando.

Esta actividade, organizada pola Concellería de Igualdade coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui, forma parte do programa organizado entorno ao 8M, Día Internacional das Mulleres.

Mañá preséntase o programa de actividades do 8M

Undefined

Mañá venres, 4 de marzo, ás 11 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Muller e Igualdade, Ana Núñez, xunto a representantes do tecido asociativo feminino do municipio.  

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade