Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Outros Servizos

Servizo Telefónico de Información e Asesoramento Xurídico en materia de Violencia de Xénero. Ministerio de Igualdade.

  • Teléfono 016
  • As consultas tamén poden dirixirse por correo electrónico: 016-online@igualdad.gob.es.
  • Servizo gratuíto e confidencial

Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas de violencia de xénero (ATENPRO)

    Undefined

    Servizos Municipais

    Servizo de asesoramento integral “ Muller Tui “

    Servizo municipal de apoio xurídico, psicolóxico, laboral e social para mulleres de Tui para a promoción da Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a erradicación da Violencia de Xénero.

    Servizo Municipal de Asesoramento Xurídico

    Atención e asesoramento especializado e individualizado a mulleres en situación de violencia de xénero e/ou en situación de vulnerabilidade

    Contacto:

    Undefined

    Plan de Igualdade Municipal

    O III Plan de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Tui foi aprobado por unanimidade en pleno no mes de decembro de 2020. Recolle a folla de ruta a seguir durante catro anos para lograr unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia de xénero. 

     

    Os obxectivos do Plan de Igualdade son:

    Undefined

    A concellería de Igualdade presenta “TUI CON ORGULLO”, unha programación para loitar contra a LGTBIfobia

    Undefined

    Música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas compoñen o “Tui con Orgullo”. Trátase dun programa co que a Concellería de Igualdade, do Concello de Tui, pretende celebrar a diversidade e loitar contra a LGBTIfobia, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ.

    Hoxe abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021

    Undefined

    O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.

    Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

    A piloto Leticia López e a copiloto María Martínez foron recibidas na casa do concello

    Undefined

    Esta mañá foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego no Open Donas. Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado, 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra. 

    O alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados. 

    Pages

    Subscribe to RSS - Igualdade