Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Encontro en Tui con Ivonete da Silva dentro da programación do 8M

Undefined

A programación do Concello de Tui “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre” polo 8M, Día Internacional da Muller, continúa mañá mércores ás 18 h no edificio Francisco Sánchez. Será cun encontro con Ivonete da Silva, autora da tradución do libro da estadounidense Mikki Kendal “Feminismo de barrio”.

Mikki Kendall é ensaísta, activista e crítica estadounidense recoñecida pola súa loita contra o racismo.

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso en seguir traballando por unha igualdade real e efectiva

Undefined

O Teatro Municipal de Tui encheuse onte á noite para reivindicar a igualdade  no acto institucional do 8M. Un acto que como sinalou o alcalde, Enrique Cabaleiro, se realiza dende “a plena convicción de que os poderes públicos, e os repersentantes públicos,  temos a responsabilidade de liderar, dende o discurso e dende o exemplo, as reivindicacións do movemento feminista”.  Nunha situación cunha realidade con “certos nubarróns no horizonte” desexaba o rexedor tudense que “ogallá as nosas fillas acaden unha plenitude de dereitos e liberdades”.

Recoñecemento ao papel das mulleres, música e poesía para conmemorar o 8M en Tui

Undefined

O Teatro Municipal de Tui vai acoller mañá sábado, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o acto institucional organizado polo Concello de Tui para conmemorar este día. Un evento de recoñecemento que porá en valor o papel das mulleres na sociedade, recoñecendo a súa loita, talento e contribución en diferentes ámbitos.

A proxección do documental “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo abre en Tui a programación do 8M

Undefined

A proxección do documental "Prefiro condenarme", dirixido pola prestixiosa cineasta Margarita Ledo Andión abre este xoves, 6 de marzo, a programación do 8M que o concello de Tui conmemora baixa o lema “Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!”, reafirmando o compromiso coa igualdade e a visibilidade das loitas femininas ao longo da historia.

A cita será ás 19:00 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Tras a proxección o público poderá participar nun encontro coa autora.

Tui conmemora o 8M baixo o lema "Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre"

Undefined

O Concello de Tui vai conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema "Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre". Co mesmo recoñécese a todas as mulleres que abriron o camiño cara a igualdade, tamén a aquelas que o seguen percorrendo e se interpela a cidadanía a defender os dereitos, conquistados tras moitos anos de loita e que na actualidade se ven ameazados.

Iria Sobrado pecha a programación do 25N en Tui con “Corazón”

Undefined

A acción performativa “Corazón” da actriz e artista audiovisual Iría Sobrado pecha este sábado a programación do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller en Tui.  A cita será ás 12 h no Mercado de San Antonio.

 “Corazón” é unha conmovedora e orixinal proposta para un espazo coma un posto do mercado. Deste xeito remata a programación desenvolvida baixo o lema “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machista!”.

 

 

Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos” en Tui

Undefined

A viguesa Llerena Perozo presentará o seu libro “Os anos tranquilos” na Sala Félix Rodríguez mañá mércores, 27 de novembro, ás 19 h, dentro do programa do 25N do Concello de Tui.

“Os anos tranquilos” é a historia vertixinosa dunha muller que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

Tui alza a voz contra a violencia de xénero

Undefined

Tui reforza, nunha data tan sinalada coma o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o seu compromiso coa igualdade e coa loita contra violencia de xénero. Así queda reflectido no programa que se está a desenvolver baixo o lema “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machistas”, cun amplo abano de actividades nas que aposta pola educación, a formación e  información, para erradicar esta lacra da nosa sociedade.

“A ciencia da adolescencia” este mércores en Tui con Arantxa Treus e Leticia Costas

Undefined

Dentro da programación do 25N a Sala Félix Rodríguez acollerá este mércores, ás 19 h, a charla “A Ciencia da Adolescencia”. Na mesma a actriz Arantxa Treus e a divulgadora científica Leticia Costas abordarán con humor, empatía e neurociencia as situacións máis habituais que viven as familias no seu día a día con adolescentes. 

“Que a vergoña cambie de lado”  lema da programación do 25N en Tui

Undefined

“Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” é o lema co que o Concello de Tui vai conmemorar este ano o 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nas dúas próximas semanas vaise desenvolver un amplo programa de actividades reivindicativas, formativas, e de reflexión. Nas mesmas vai participar a comunidade educativa tudense, xunto a entidades feministas, corpos de seguridade, institucións, profesionais da cultura, entre outros. 

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade