Tui celebra o domingo 28 unha Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero
O Concello de Tui, dentro dos actos conmemorativos do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organiza a Marcha Ciclista contra a Violencia de Xénero 2021. Celebrarase o domingo, 28 de novembro, ás 12 h con saída dende o Paseo da Corredoira. Será un percorrido de 7 quilómetros, de dificultade doada, que dende o Paseo da Corredoira, irá pola Avenida da Concordia, rúa Loureiro, Veiga do Louro, praia de Areeiros, Veiga do Louro, rúa Palláns, rúa Calzada, Coengo Valiño, Alameda de San Domingos, Xardíns de Troncoso, Paseo Álvarez Blázquez e regresará ao Paseo da Corredoira.