Tui celebra “Orgullo e punto” unha xornada inclusiva e teceril para toda a familia
Tui prepara un amplo programa de actividades dirixidas a toda a familia para conmemorar o Día Internacional de Tecer en Público e o mes do Orgullo. Será o próximo sábado, 1 de xuño, nos xardíns da Alameda de San Domingos.
Baixo o nome de “Orgullo e punto” desenvolverase unha xornada inclusiva e teceril organizada polo Concello de Tui e TejeTui. Promóvese así a convivencia e a corresponsabilidade nun evento diverso e igualitario para todas as persoas.




