Muller Tui
O Concello de Tui conta cun Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.
O programa integral Muller Tui ten por obxectivo brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamén laboral e social a mulleres do Concello de Tui. Tamén busca impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.




