Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

25N

Con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero o concello de Tui súmase un ano máis á campaña En Negro contra as Violencias

Undefined

En Negro - Visionado de "Tódalas mulleres que coñezo"

Undefined

Dentro do programa de actividades co gallo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o mércores, 25 de novembro, ás 18 h no Teatro Municipal proxectarase o filme “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana de Teixeiro, con posterior coloquio coa directora. A capacidade do teatro está limitada a 30 espectadores que deberán reservar gratuitamente a entrada en tui.gal. O coloquio poderá ser seguido a través de Zoom. 

De forma previa no seguinte enlace as persoas que o desexen poderán visionar a película. 

Tui traballa na elaboración do III Plan de Igualdade de Oportunidades

Undefined

O Concello de Tui está a elaborar o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Tui 2020-2023. A redacción deste documento está financiada pola Deputación de Pontevedra e o propio Concello de Tui.

Este Plan, promovido dende a concellería de Igualdade,  ten coma obxectivo introducir a perspectiva de xénero na administración local,  implicando a todas as áreas municipais no desenvolvemento de políticas, programas, estratexias e accións en materia de igualdade así como recoñecer social e institucionalmente a realidade das mulleres de Tui.

Tui acollerá tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”

Undefined

Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”. Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF. 

O programa “Cultivando Igualdade” ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.

Do 1 ao 9 de setembro celebrarase o programa de conciliación Igual É + dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos

Undefined

Do 1 ao 9 de setembro vaise desenvolver o Programa de Conciliación "IGUAL É +” dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello de Tui. A Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade pon en marcha esta actividade para promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. O obxectivo é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas que participen neles.

O programa Muller Tui impartirá nove obradoiros en agosto e setembro

Undefined

Está aberto o prazo de inscrición para os dous primeiros obradoiros que se van impartir dentro do Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade “Muller Tui”.

Serán un total de nove accións formativas a celebrar neste mes de agosto e o de setembro orientados a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar  a súa participación social e laboral:

Muller Tui

O Concello de Tui conta cun Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.

O programa integral Muller Tui ten por obxectivo brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamén laboral e social a mulleres do Concello de Tui. Tamén busca impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.

Undefined

Tui pon en marcha un programa integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade

Undefined

O Concello de Tui vén de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.

A súa presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa.  Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.

O concello de Tui izará a bandeira LGTBIQ+ esta fin de semana para conmemorar o 28 de xuño o día do Orgullo 2020

Undefined

O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día do Orgullo que ten lugar este domingo, 28 de xuño. O programa previsto realízase co lema “Orgullosos de Tui”. Comezou hoxe mesmo coa colocación dun banco arco da vella na rúa Ourense e da bandeira na casa do concello.

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade