Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Regulamento do Servizo Municipal de Axuda no Fogar

11/12/2009
Áreas: 
Servizos Sociais

O obxecto do presente regulamento é a adaptación do Servizo Municipal de Axuda no Fogar ás novas necesidades e organización do Concello de Tui, respectando o establecido na Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local, Lei13/2008 do 3 de Decembro de Servizos Sociais de Galicia, no Decreto 240/1995 do 28 de xullo que regula os Servizos Sociais de Atención Primaria, a Orde de 22 de Xaneiro de 2009 da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar polo que se regula o servizo de Axuda no Fogar, e Lei 39/2006 do 14 de decembro de Promoción da Autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia, e demais lexislación aplicable.

 

Aprobacion inicial en pleno o 30.07.2009 - Publicación inicial BOP 167 de data 31.08.2009. Publicación definitiva BOP 238 de data 11.12.2009

O venres 4 de abril de 2014 publicouse no BOPPO a aprobación definitiva da Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Tui. 

Aprobada a modificación do anexo da Ordenanza Fiscal reguladora da “Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Tui”, por aplicación do que dispón o número 3 do artigo 17 do RDL 2/2004, do 05.03, TRLRFL, e para dar cumprimento ó sinalado no apartado 4 de dito artigo, no BOPPO do luns, 28 de abril de 2014, publicouse o texto modificado da ordenanza.