Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá ten lugar a primeira proxección do programa “O cine nas aulas” co que se traballa na prevención

15/10/2019

Asistirán ao Teatro Municipal 274 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria de cinco centros educativos

Mañá mércores, 16 de outubro, ten lugar a primeira das proxeccións deste curso 2019/2020 do programa “O Cine nas aulas” que desenvolve o departamento de Prevención de drogodependencias do Concello de Tui.

Mañá asistirán ao Teatro Municipal de Tui 274 alumnos e alumnas  de 5º e 6º de primaria, do CEIP Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP Nº2, CEIP de Randufe e CEIP de Guillarei. Tras a proxección recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas.

O programa “O cine nas aulas” traballa na prevención empregando o cinema coma ferramenta abordando temas coma a amizade, a “normalidade”, o alcohol ao volante, aceptar ao diferente e a relación con persoas que saen dos canones establecidos.