Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui acolle dende maña as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

13/11/2019

A atención de psicolóxica na explosión en Paramos, no terremoto de Lorca, no accidente do Alvia e nos incendios de Pedrogao Grande de Portugal de Tui, será analizada neste encontro científico-profesional

“Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui. Están organizadas polo  Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando coa colaboración do Concello de Tui e da Ordem dos Psicloógos Portugueses.

Este encontro científico-profesional  foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Ensino,a e Dolores González Cabaleiro, presidenta e Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador das Xornadas, e Soledad Ozores, do comité científico. 

Estas xornadas, nas que van participar un centenar de psicólogos de toda Gallicia, teñen como obxectivo principal facer unha reflexión e análise en torno á intervención psicolóxica realizada en catástrofes, analizando a resposta no plano da atención psicolóxica na explosión do barrio da Torres en Paramos, en Tui, no accidente do Alvia en Santiago de Compostela, nos terremotos de Lorca en Murcia e nos incendios en Pedrógrao Grande en Portugal.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, amosou a súa gratitude pola celebración destas xornadas en Tui, e agradeceu a sensibilidade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co concello de Tui e a traxedia que tivo lugar en Paramos.  Indicou que serán interesantes e enriquecedoras.  Na súa intervención o rexedor tudense resaltou o feito de que este congreso aborde tamén a cooperación transfronteiriza que até o momento non aborda o ámbito de asistencia sociosanitaria. E reivindicou que o servizo de psicoloxía se preste dende a atención primaria, non só para atender casos de catástrofes colectivas senón tamén situacións individuais que se producen a diario. Lembrou que no Concello estase a redactar o Plan Municipal de Emerxencias.

Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura, agradeceu igualmente a celebración en Tui destas xornadas. 

Dolores González Cabaleiro, presidenta do comité organizador destacou que as xornadas se centrarán en presentar catro situacións recentes de emerxencias: a explosión en Paramos, o terremoto de Lorca, os incendios en Pedrógrao Grande en Portugal, e o accidente do Alvia. O obxectivo das mesmas é propiciar un reflexión e análise destas situación, e sentar as bases dun protocolo de actuación psicolóxica postcatástrofe, que coordine tanto a atención temperá coma ao longo prazo.  Incidía en que a finalidade é que a intervención psicolóxica despois dunha catástrofe sexa planificada, accesible e continuada no tempo. 

Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador, incidiu na estruturación destas xornadas profesionais. Mañá xoves celebraranse dous obradoiros prácticos sobre as intervención realizadas con nenos e adolescentes tras os incendios  Pedrogao Grande e a atención prestada dende o primeiro momento, e que continúa na actualidade, no Centro de Saúde aos afectados polo terremoto de Lorca.

Venres e sábado terán lugar catro mesas. O venres celebrarase unha mesa centrada na intervención tras a catástrofe de Paramos, na que se contará coa presenza de Ana Isabel Martínez, do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, de Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e de dous afectados. Na segunda e na terceira mesa prevista abordarase a “Intervención post-catástrofe” coas intervencións en Atención Primaria Caso Paramos e en hospitalización caso do accidente do tren Alvia, nos  incendios Portugal no proxecto Pinhal do futuro, e a realizada pola Cruz Vermella en Paramos. 

A cuarta mesa – o sábado pola mañá – ten por título “Vixilancia da saúde mental dos e das profesionais emerxencistas: posible afectación, intervencións e coidados”. 

Amais haberá dúas conferencias. Unha inaugural  “Impacto das catástrofes na saúde mental: intervención psicolóxica desde o “Proxecto Pinhal do Futuro” a cargo de Daniel María Bugalho Rijo, doutor en Psicoloxía. Profesor auxiliar na Facultade de Psicologia e de Ciências da Educação da Universidade de Coimbra. E outra de clausura “Intervención post catástrofe en Lorca” por Julio César Martín García-Sancho, psicólogo Clínico, xefe de servizo de programas asistenciais de adultos e rehabilitación e xestión da resposta de saúde mental tras os sismos de Lorca. 

Soledad Ozores, presidenta do Comité Científico, fixo fincapé en que en Tui segue sendo precisa a atención psicolóxica aos afectados de Paramos.  

Ver programa