Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”

12/11/2019

Mañá mércores, 13 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” que se van celebrar en Tui dende este xoves até o sábado.

A presentación correrá a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, de Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Ensino, e Dolores González Cabaleiro, presidenta e Alicia Carballal Fernández, vogal do comité organizador das Xornadas.

Estas Xornadas teñen como obxectivo principal facer unha reflexión e análise en torno á intervención psicolóxica realizada en catástrofes, tanto en Galicia como no estado español e en Portugal. Para iso, tómase como punto de partida a experiencia da explosión pirotécnica acontecida no ano 2018 en Paramos-Tui, e comparase con outras como o accidente do Alvia no 2013 en Santiago de Compostela, os terremotos de Lorca en Murcia no ano 2011 e os incendios en Portugal no ano 2017.