Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde concreta ao presidente do goberno as peticións do concello para a atención á zona afectada pola explosión de Paramos

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de concretar ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, as peticións do Concello de Tui para a atención á zona afectada pola explosión de material pirotécnico nun almacén clandestino rexistrada o pasado 23 de maio.

Hoxe comezaron as actuacións previas para a retirada do amianto tras contratarse os traballos cunha empresa especializada por importe de 348 mil euros

Undefined

O Concello de Tui contratou esta semana a retirada do amianto na zona afectada pola explosión do pasado 23 de maio por un importe de 348 mil euros e o proxecto técnico de xestión de residuos e dirección de obra por importe 59 mil euros.

O Consorcio do Louro non cobrará a taxa de abastecemento e saneamento ás vivendas afectadas pola explosión de Paramos que quedaron inhabitables

Undefined

O Comité Directivo do Consorcio do Louro acordou por unanimidade este luns tramitar a baixa temporal no padrón de usuarios para aquelas vivendas que quedaron inhabitables a consecuencia da explosión de material pirotécnico en Paramos do pasado 23 de maio. O acordou tomouse a solicitude do Concello de Tui e en base á relación de vivendas afectadas facilitada polo servizo de urbanismo de Tui.

Os 11 alumnos e alumnas do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron o curso na súa aula tras repararse os danos causados pola explosión de Paramos

Undefined

Os once alumnos e alumnas da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron hoxe o curso escolar 2017/18 no seu centro logo de que foran reparados os danos ocasionados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre.   Até o colexio achegáronse esta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Estivo tamén presente a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez, a titora e pais e nais do alumando.

Reapertura da Aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres

Undefined

Mañá xoves, 21 de xuño, ás 12.30 horas terá lugar un pequeno acto de reapertura da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres que resultara danada na explosión do pasado 23 de maio.

Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez. Tamén estarán presentes a titora da aula, os nenos que mañá despedirán o curso na súa aula, e as súas familias.

O Concello de Tui solicita 500 mil euros ao abeiro do Plan Depo-Remse para reposición de servizos no barrio da Torre en Paramos

Undefined

O Concello de Tui vén de solicitar á Deputación de Pontevedra 499.815,97 ao abeiro do Plan Depo-Remse para a reposición de servizos no barrio da Torre en Paramos, afectado pola explosión do pasado 23 de maio.

A próxima semana o Concello adxudicará a retirada do amianto o estudo de xestión de residuos, paso previo ao desentullo

Undefined

O Concello de Tui contratará a próxima semana a retirada do amianto na zona afectada pola explosión de Paramos.  Unha vez adxudicado este traballo, cun orzamento que poderá superar os 300 mil euros, a retirada deste material contaminante realizarase dende a área máis alonxada do punto da explosión até chegar a zona cero, onde terase que contar coa autorización da xuíza que leva o caso.  Tamén a próxima semana será contratado o estudio para xestión de residuos, documento preciso para poder levar a cabo o desentullo.

O luns comeza o prazo para solicitar as axudas do Concello de Tui con cargo ao Fondo de Emerxencia Social

Undefined

O próximo luns, 18 de xuño, abre o prazo para presentar a solicitude de axudas para os damnificados pola explosión de Paramos que vai conceder o Concello de Tui con cargo ao Fondo de Emerxencia. Hoxe o Boletín Oficial da Pontevedra recolle a publicación dun extracto das bases reguladoras destas prestacións económicas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos