Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os veciños da zona cero que xa solicitaron a licenza poderían iniciar as obras de reconstrución en marzo, unha vez rematado o desentullo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse este mediodía con Salvador García, Lupe Pérez e Pablo González da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, na véspera de cumprirse oito meses da explosión no barrio da Torre. No encontro participaron tamén o arquitecto e a traballadora social asignados ao centro de afectados en Guillarei.

O próximo luns, día 7, comezan as labores de desentullo no barrio da Torre de Paramos

Undefined

Na xornada de hoxe, venres 4 de xaneiro, foi asinada a acta de reformulación do proxecto de desentullo, demolicións e consolidacións urxentes no núcleo de Paramos. Con este documento asinado pola empresa adxudicataria, Demoliciones e desamiantados Galicia S.L., a empresa Renova Integral, autora do proxecto, o coordinador de seguridade, Fernando Rodríguez Antelo, o director de obra, Francisco Valle Rubín e  polo Concello de Tui, do seu alcalde, Carlos Vázquez Padín.

O desentullo da zona de cero de Paramos comezará na segunda semana de xaneiro

Undefined

Na segunda semana de xaneiro comezarán os traballos de desentullo na zona cero de Paramos afectada pola explosión do pasado 23 de maio.  Esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Obras, Antonio Castro, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, o redactor do proxecto de desentullo, Francisco Valle, e o responsable da empresa adxudicataria, Ricardo Abal , visitaron a zona cero para estudar o plantexamento para iniciar a obra.

A zona de cero de Paramos poderá estar libre de entullo en primavera de aprobarse por vía de emerxencia a execución dos traballos

Undefined

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o proxecto reformado de desentullo da zona de Paramos que abranguerá unha superficie de 25 mil metros cadrados e ten un orzamento de 1.091.665,44€.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, expuxo os pormenores do documento xunto ao redactor do proxecto, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, e o concelleiro de seguridade, Antonio Castro.

Entregado no Concello o proxecto reformado para acometer o desentullo

Undefined

Despois do informe emitido o venres pasado por Pablo Rivas, o arquitecto municipal asignado polo Concello de Tui a atender aos afectados da explosión de Paramos, no que este entendía que unha parte dos traballos inicialmente por parte representaba perigosidade e por tanto requiría actuación inmediata da administración, en particular o desentullo completo da totalidade da zona, para garantir a ausencia de partículas de amianto, a demolición da planta superior de tres edificacións en perigo de colapso e a estrutura e a consolidación dos muros que delimitan viario público para evitar posibles

O Concello de Tui acometerá o desentullo da zona cero de Paramos se así o aproba o pleno municipal o próximo día 27

Undefined

O pleno da corporación municipal pronunciarase o 27 deste mes sobre a adxudicación por vía de emerxencia do desentullo da zona cero de Paramos, logo de que un informe do arquitecto municipal encargado da catástrofe considere que si cabe esta vía.

En concreto o arquitecto pronunciase no seu informe sobre a urxencia de acometer determinadas actuacións coma o desentullo total da zona cero, o derrubo de tres segundas plantas de tres edificacións e a consolidación dos muros que dan a viarios públicos por considerar que a situación na que se atopan supoñen un “grave perigo inminente”.

Comunicado do Concello de Tui sobre o desentullo de Paramos

Undefined

Tendo en conta que o concello non recibiu borrador do convenio que propón establecer o Goberno central, lembrando que o concello elaborou e entregou na subdelegación do goberno en Pontevedra un proxecto para a execución do desentullo do barrio da Torre en Paramos e que o Goberno, a través de varios dos seus responsables políticos, ten manifestado de forma pública o seu compromiso co financiamento do desentullo.

O alcalde desminte as afirmacións da subdelegación do goberno e fai un chamamento a todas as administracións a buscar puntos de encontro para acometer o desentullo da zona cero de Paramos

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, fixo hoxe un chamamento público a todas á subdelegación do goberno e a todas  as administracións a ter unha xuntanza para poder buscar puntos de encontro para acometer o desentullo da zona cero de Paramos. Indicaba que a actual situación a quen máis prexudica é aos propios veciños de Paramos e de Tui. Insistía en reivindicar unha mínima lealdade entre institucións, e avanzaba que “farei pola miña parte un esforzo para tentar restablecer pontes de comunicación” afirmaba o rexedor tudense.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos