Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde amosa a súa preocupación pola situación de bloqueo do desentullo da zona cero de Paramos

Undefined

Mañá xoves irá a pleno unha proposta do equipo de goberno para tentar desbloquear o desentullo da zona cero de Paramos, agardando o apoio da corporación, para instar ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública para executar o proxecto de desentullo da zona cero da explosión de material pirotécnico ocorrida en Paramos, mediante unha encomenda de xestión á empresa TRAGSA.

O alcalde de Tui fará declaracións a saída do gabinete de crise previsto para mañá as 18.00h

Undefined

Mañá as 18.30h o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, atenderá ós medios de comunicación a saída da reunión do gabinete de crise da catástrofe de Paramos que comezará as 18.00h no salón de plenos do Concello de Tui.  

Nesa comparecencia se informará sobre o tratado no gabinete.

 

O próximo mércores reunirase o gabinete de crise de Paramos

Undefined

O próximo mércores, 28 de novembro, ás 20h na casa do concello reunirase o gabinete de crise de Paramos. O alcalde de Tui, Carlos Váquez Padín, realizará o luns a convocatoria formal para esta reunión á que citará á Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, ao goberno central, á Xunta de Galicia, e á Deputación de Pontevedra.

Así llo informou hoxe aos veciños na reunión que mantivo con eles no Centro Cultural de Guillarei. O principal asunto será abordar o desentullo da zona cero.

O alcalde convoca aos veciños de Paramos e Guillarei a unha asemblea informativa para falar do desentullo da zona cero

Undefined

Este sábado, 24 de novembro, ás 11h no Centro Cultural de Guillarei o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vai celebrar unha nova reunión informativa cos veciños de Paramos e Guillarei afectados pola explosión do pasado 23 de maio.

A reunión estará centrada no desentullo da zona cero no barrio da Torre.

O goberno municipal levará a pleno unha moción para solicitar ao Ministerio que acometa o desentullo de Paramos

Undefined

O goberno municipal de Tui presentará unha proposta para o seu debate no pleno ordinario, do 29 de novembro, na que o Concello de Tui solicita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública que acometa o desentullo da zona cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión. En concreto farase esta solicitude amparándose no artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, propondo que sexa a empresa Tragsa quen acometa estes traballos.

O alcalde de Tui solicita á ministra de Política Territorial que se execute o proxecto de desentullo de Paramos mediante unha empresa pública

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.

Unha disposición adicional da Lei do Solo permitirá reconstruír ás vivendas fóra de ordenación na zona cero de Paramos

Undefined

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación. Esta foi unha petición que o Concello de Tui presentou á Xunta de Galicia para garantir así que todas as vivendas existentes previa a explosión do 23 de maio  se lles poderá dar licenza para a súa reconstrución.

O alcalde recibiu onte carta da ministra de Política Territorial na que da conta do traslado das súas solicitudes á Secretaria de Estado para a súa contestación en breve

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, recibiu onte unha carta da ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet,  na que lle comunica que tras recibir as cartas remitidas dende o Concello de Tui de data de 3 de outubro e 6 novembro, deu traslado das mesmas á Secretaría de Estado de Politica Territorial, para que dean resposta á maior brevidade posible.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos