Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta tarde vai a pleno a solicitude de declaración de Zona Gravemente Afectada por unha emerxencia de Protección Civil

Undefined

O pleno da corporación municipal de Tui abordará esta tarde a solicitude ao goberno central da declaración da Zona Gravemente Afectada por unha emerxencia de Protección Civil. Así o acordou este mediodía a xunta de portavoces reunida na casa do concello.

Reunión coas empresas de construción interesadas en participar na reconstrución da zona cero

Undefined

As empresas de construción interesadas en participar no proceso reconstrución da zona cero no barrio da Torres en Paramos están convocadas mañá ás 11h no Centro de Afectados a unha reunión onde se lles informará do procedemento para acceder as obras. 

Na reunión participará o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

O Concello de Tui xestiona ante entidades públicas e privadas facilitar os trámites aos afectados para dar de alta ou baixa servizos

Undefined

O Concello de Tui está a realizar xestións ante distintas entidades, públicas e privadas, para buscar o xeito máis sinxelo de facilitar aos afectados pola explosión rexistrada hai unha semana en Paramos a realización de distintos trámites.

O alcalde de Tui solicita compromisos económicos para financiar a recuperación da zona afectada pola explosión do pasado mércores ás outras administracións

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, solicitará mañá compromisos económicos á administración central e provincial, xa que polo momento só hai o compromiso firme da Xunta e do Concello para financiar a recuperación da zona afectada o pasado mércores pola explosión de material pirotécnico en Paramos, xa que dicía “son necesarios moitos millóns de euros para reestablecer á normalidade”. Indicaba nese senso que só o desescombro custará máis dun millón de euros.

O Fondo de Emerxencia, que se aprobará o xoves en pleno, cubrirá en primeiro lugar as necesidades básicas dos afectados

Undefined

A xunta de portavoces do Concello de Tui reunida este mediodía na casa do concello consensuou levar a o pleno ordinario deste xoves a aprobación dun millón de euros, con cargo ao remanente de tesourería, para o Fondo de Emerxencia tras explosión rexistrada o pasado mércores na parroquia de Paramos.

Os voceiros políticos estiveron de acordo en que a distribución destes fondos se realice en coordinación cos Servizos Sociais Comunitarios municipais, destinándose en primeiro lugar para cubrir as necesidades básicas de alimentos, roupa, transporte... dos afectados.

O Concello de Tui quere amosar publicamente o seu agradecemento a todos os que se teñen volcado na atención aos afectados

Undefined

O Concello de Tui quere publicamente amosar o seu agradecemento a todas as persoas, colectivos, entidades, institucións, administracións, tanto españolas coma portuguesas, que dende o primeiro minuto tras a catástrofe de Paramos axudaron na atención aos afectados dun ou doutro xeito.

O Concello de Tui habilita un fondo de emerxencia dun millón de euros con cargo ao remanente de tesourería

Undefined

O Concello de Tui habilitará un fondo de emerxencia, dotado cun millón de euros, con cargo ao remanente de tesourería.

Por outra parte o luns estudarase o informe que elaboren os técnicos municipais para tomar unha decisión sobre a solicitude ao goberno central da declaración da área afectada coma zona catastrófica.

Comunicado sobre la situación urbanística del expediente relativo a la parcela en la que oficialmente la entidad Pirotecnia La Gallega S.L. tiene su domicilio social en el Barrio da Igrexa s/n, Parroquia de Baldráns

Undefined

En relación a los fatales acontecimientos que se han producido el pasado miércoles 23 de mayo, el Concello de Tui tiene interés en informar sobre la situación urbanística del expediente relativo a la parcela en la que oficialmente la entidad Pirotecnia La Gallega S.L. tiene su domicilio social en el Barrio da Igrexa s/n, Parroquia de Baldráns.

O Centro de Atención aos afectados trasládase dende mañá ao Centro de Formación Municipal

Undefined

A partir de mañá sábado, 26 de maio, o centro de atención aos afectados pola explosión de material pirotécnico o pasado mércores, 23 de maio, no barrio da Torre en Paramos estará situado no Centro de Formación Municipal, na Gándara en Guillarei.  Neste punto continuarase a atender a todos os afectados por parte de traballadores sociais, psicólogos, persoal técnico... mañá sábado de 9 a 14h e de 16 a 20h e o domingo de 9 a 14h, e dende o luns de 9 a 14h e de 16 a 20h.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos