Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dende mañá unha asesora fiscal atenderá aos afectados de Paramos e Guillarei

Undefined

Dende mañá unha asesora fiscal comezará a atender aos afectados de Paramos e Guillarei informándoos da repercusións fiscais que poden ter as axudas que poidan recibir tendo en conta a situación actual onde teñen que tributar por elas. Esta asesora fiscal estará os martes e xoves de 10 a 14h no Centro de Afectados en Guillarei. É recomendable que os veciños leven a última declaración da Renda ou documentación que acredite os seus ingresos.  Esta asesora fiscal non atenderá o martes 14 e o xoves 16 de agosto.

O concello de Tui contratará un asesor fiscal para prestar asistencia aos afectados de Paramos e Guillarei

Undefined

O Concello de Tui contratará un asesor fiscal para prestar asistencia aos afectados pola explosión do 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos.  Así o expuxo este mediodía o alcalde, Carlos Vázquez Padín, tras a reunión mantida no Centro Cultural de Guillarei á que asistiron medio centenar de afectados.

Convocatoria de axudas da Xunta afectados pola explosión de Paramos - DOGA 12/07/2018

A Xunta de Galicia convocou axudas ás persoas en situación de orfandade, a sufragar danos en explotacións agrícolas e gandeiras, explotacións agrícolas e gandeiras, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 publicadas no DOGA do 12 de xullo de 2018

A asociación de afectados de Paramos e Guillarei recibiu hoxe o cheque por valor de 26 mil euros recadados inicialmente na conta aberta en ABANCA

Undefined

O presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, Salvador García, recibiu hoxe de mans da directora de ABANCA na rúa Compostela, Teba García, un cheque por valor de 26.096,78€ correspondente ao importe recadado inicialmente na conta aberta por ABANCA a instancias do Concello tras a explosión do 23 de maio no barrio da Torre.

O acto tivo lugar na notaría de Tui coa presenza do alcalde, Carlos Vázquez Padín, e do notario Jesús Mª Rodríguez Enríquez.

Hoxe cúmprense dous meses da explosión no barrio da Torre en Paramos

Undefined

Hoxe cúmprense dous meses da explosión de material pirotécnico nun almacén ilegal no barrio da Torre en Paramos. Un suceso que causou dúas mortes, as de Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel, 37 persoas feridas, e preto de 800 afectados.

A día de hoxe no Centro de Afectados, no Centro de Formación en Guillarei hai abertos 417 expedientes polos danos causados pola explosión, dos que máis de 300 se refiren a vivendas con moi diversa afectación e preto de 70 vehículos.

Entrega dos fondos recadados inicialmente na conta aberta en ABANCA á asociación de Afectados de Paramos e Guillarei

Undefined

Mañá martes, 24 de xullo, ás 10h na Notaría de Tui, o Concello de Tui estará na entrega do cheque cos fondos recadados inicialmente cos fondos na conta aberta por ABANCA a instancias do Concello para os afectados pola explosión de Paramos.

Estarán presentes o alcalde, Carlos Vázquez Padín, os representantes da asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, e de ABANCA en Tui.

Cómpre lembrar que existe unha Conta Solidaria aberta a nome da asociación de afectados en Abanca co número ES80 2080 5066 7330 4003 5840.

Reunión informativa cos afectados de Paramos e Guillarei o sábado 28 de xullo

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, manterá o próximo sábado, 28 de xullo, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei unha nova reunión cos afectados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos.

O obxectivo da reunión é informar aos veciños dos pasos que se van dando para recuperar a zona afectada pola explosión, ao tempo que se busca tamén manter un diálogo fluído con eles e coñecer de primeira man as súas inquedanzas. Na reunión estará acompañado polo xerente urbanístico Rubén Vázquez, e pola traballadora social, Carmen González.

O delegado do goberno en Galicia confirma ao alcalde o envío do informe a Madrid para a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil está xa en Madrid

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, valora positivamente a boa disposición amosada polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na reunión de traballo celebrada esta mañá na Coruña. Na mesa Javier Losada confirmou que hoxe mesmo remiten o informe ao Ministerio de Interior para tramitar a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil.

Hoxe comeza a retirada de amianto e a descarga de forxados con restos de cubertas derruídas na zona cero

Undefined

Esta mañá comezaron os traballos de retirada do amianto e a descarga de forxados con cargas de cubertas derruídas na zona cero da explosión no barrio da Torre en Paramos, logo de que a xuíza autorizase  esta intervención o pasado venres. A empresa contratada polo Concello leva dende o pasado venres 22 realizando o desamiantado da zona afectada pola explosión comezando pola área máis lonxana e dende hoxe actuando xa na zona cero. Até o momento téñense recollido 24 toneladas de amianto que están ensacados e encapsulados.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos